Canto sabemos de droga
Editorial - miércoles, 11 de junio de 2008
Sabemos o que queremos saber. As drogas, ese especial azoute social que tanta desgracia ten producido no país, son tan descoñecidas como queremos que o sexan.
Os que traballan no tema denuncian que cada vez son máis novos os que acceden a sustancias que teñen esta consideración, e que as porcentaxes son moito máis importantes do que habitualmente se pensa. E o problema non é privativo das grandes cidades senón de grandes e pequenos pobos onde os rapaces se acostumaron a este tipo de diversións. E hai un total de oitenta mil galegos que acumulan tres tipos de sustancias alccohol, tabaco e droga- en mestura perigosa e case un cuarto de millón de persoas que utilizan dous tipos destas sustancias.
Pero sabemos moi pouco sobre as adicións e o perigo destas, as portas de entrada ó consumo, a incidencia nos rapaces, as verdadeiras dimensións do problema.
Falta educación sobre o tema das drogas, falta que a sociedade se implique de xeito decidido, falta que os poderes públicos tomen conciencia do que temos encima. Todos os poderes públicos.
Sabemos moi pouco da droga, e perdémonos en consideracións absurdas. Mentras tanto, a droga penetra na nosa sociedade coma un cancro. E contra o cancro, por agora, non hai cura nin vacuna.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora