Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bágoas, pelras do cor

martes, 23 de marzo de 2021
Á miña prima Lolita de Burela, in memoriam.

Sei que o mar é unha inmensa leira onde acougan as bágoas, isas pelras que nacen no cor. E sei tamén que o mar é un gran espello dise ceo prometido, onde vive isa etérea flor chamada esperanza. E non esquezo que ises ollos azuis, onde o pincel bebe o amor, sempre foron bicos garimosos con xenes de paz e ledicia de vida. Por iso, o meu dor non é fero nin sombrio. É soave, tenro, doce con sabor a pan fresco e a sardiña. Un pan cotidián nun calendario que abrangue toda unha vida. E que sempre gozou do voso sorriso como un aperta que xingue os corazóns.

Igoal que foron as vosas casas, sempre sen portas nin xanelas, porque así entendín sempre as vosas vidas, con maus, abertas e xenerosas, afeitas ós duros callos do traballo i eternamente dispostas para a entrega. Cada pobo ten os seus floreiros, isas rosas fermosas que, sinxelamente, adornan o vivir da xente coa humildade da bondade.

Acó volve hoxe aquel neno, montado nun burro pola vila do Medio, que embarcou tamén por vieros alleos sen medo, pero si con dor. Porque o amor sempre estivo tolo, e por máis que se xuzgue, nada do que fai ten explicación. E levou canda sí unha lanchiña de recordos e soños, un cor cheiño de gratitude, de fotos xa amarelas que hoxe florecen no seu cor. Un cor que xa verteu toda-las bágoas, e agora sabe que se morre a cerna como se marchita a flor.

Dicir unha vez máis que somos vellas árbores desgazadas non deixa de ser tan certo coma reiterativo, máis, aínda que a sávea esmoreza, mentras haxa folgos e o cor latexe, o amor aos nosos sempre estará vivo. E no Alén, ise lugar que sabemos durme tras as estrelas, alí sei que nos veremos pois senón non habería paraíso. E na súa procura andamos.

Apertas de buxo, que di o amigo Mero, para Pili e familia.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES