Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Auditorio Xesús Mato

lunes, 22 de marzo de 2021
Xesús Mato, que anda nunha nube para as cousas do mundo, alucinou ao saber o nome do novo Auditorio lucense.

Porque en 1972 Mato inventou Fuxan. Puxo a andar a súa faceta creativa e escribiu o poema “Fuxan os ventos”, pensando en que rapazas e rapaces que andaban ao seu arredor berrasen que os ventos dos agoreiros fuxisen desta terra, e chegaran aires novos que fixeran nova á xente para un novo país. Mesmo os agoreiros sorprendidos porque Mato andivera entre tanta mocidade, esquecendo o que O Mestre dixera de deixar que os mozos (e as mozas) se achegaran a el.

Cando rematou o esencial poema, abriu as portas da súa imaxinación musical e construíu unha fermosa música, ignorando que estaba facendo historia.

E aló foi coa súa cuadrilla musical aínda innominada ás San Lucas, para disfrutar cantando no certame convocado en Mondoñedo, triunfando clamorosamente e comezando a renovar a música e a sociedade galega inspirados, promovidos, alentados por un crego de corenta anos, humilde por vocación, xigante por intelixencia e vontade.

Case medio século despois – medrando cada vez máis en Auxilia, en Galicia canta ao Neno, nos medios de comunicación, na música ou na montaña lucense; despois de ser Fillo predilecto no seu Paradela, ou Medalla Castelao por aclamación popular- Xesús Mato coñece que o novo auditorio vai levar o seu nome.

Porque “Fuxan os ventos” e Mato son sinónimos, e non vou ousar pedirlle aos membros da R.A.G. que así o declaren oficialmente, porque non fai falla. Pero lembrade sempre, lucenses, cando leades o rótulo de “Auditorio Fuxan os ventos” que alí pon (tamén) “Auditorio Xesús Mato”.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania