Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Informar ou alarmar

miércoles, 24 de marzo de 2021
Neste artigo quero expresar e facer pública unha cuestión íntima de min mesmo que non sei se debería contar pero sinto a necesidade de facelo. O que quero contar, quizais me deixe nunha posición inferior en coñecemento aínda que non moralmente. Ben, o que quero dicir é simplemente que eu non son virólogo, nin estudiei medicina. Tampouco son periodista pero, a veces, síntome con máis sentido común que determinadas persoas que exercen ou din exercer o periodismo.

Digo todo isto polo rebumbio que se está a armar arredor da vacina de AstraZeneca. Está ben que se estudie, que se se ten que retirar, se retire e se se ten que corrixir se corrixa. Non falo por ter predilección por ningún laboratorio senón porque a xente xa vacinada necesita certa seguridade e tranquilidade e as cifras amosan unha incidencia ínfima dos trombos. Investigar si pero toda medicación ten reaccións adversas e non por iso se crea repercusión mediática.

Precisamos tranquilidade, sosego e porque non dicilo, vivir un momento histórico no que a humanidade foi capaz de responder a unha ameaza global nun tempo récord grazas á ciencia. Deberíamos celebrar este fito e ser conscientes de que para alarmar xa temos dabondo cos negacionistas e os antivacinas.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES