Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Poesía 'Dereito de Cidadanía'

viernes, 19 de marzo de 2021
Dende octubre do ano 99 a Unesco proclamou a celebración do 21 de marzo como "Día Mundial da Poesía". Este organismo analizou a situación da poesía suliñando diferentes consideracións. Entre elas, que se trata dunha necesidade social que impulsa en particular os mozos a volver as fontes, o que constitúe para eles un medio de interiorización que consigue que o mundo exterior atráigaos irresistiblemente hacia un coñecemento máis profundo. Este impulso social hacia o recoñecemento dos valores ancestrais é así mesmo unha volta á tradición oral e á aceptación da fala como elemento socializador e estructurador da persoa. Existe ainda unha tendencia nos medios de comunicación social e público en xeral a negarse a non valorar o papel do poeta. Sería útil actuar para librarse de esta imaxen trasnoitada, e conquerir que á poesía se lle recoñeza o "dereito de cidadanía" na sociedade. Ó falar de poesía teño medo a profanala; porque a poesía pídenos que lle deixemos abertas as portas do corazón, para que río arriba nos penetre e se misture coa sangue e logo sintámola frolecer dentro de nós. Como ben sabedes a poesía resístese ás análises totalizadoras, podémola estudiar, reducila a códigos e estructuras, pero ¿Non a estaremos reducindo a niveis non poéticos, e polo tanto degradandoa na súa propia esencia? A poesía é vida, emoción e misterio. A poesía, pola súa propia fractura lingüística (feita a base de repeticións e trangresións) ten algo de liturxia e pídenos unha lectura diferente. O poema non remata no seu propio creado, senón que remata no Home, pechando un círculo de fraternal emoción que comenzou no poeta. A poesía admite moitas lecturas, tatas como lectores, e nesa pluralidade xace a súa riqueza. En cato á poesía galega, a forza que nos Séculos XIII e XVI tivo o galaico-portugués desmoronase totalmente no século XV, xustamente cando aparece en Castela un novo estado que non respeta a idiosocracia mim a diversidade. O pobo galego, dentro xa da órbita política e cultural castelán, asume o seu papel de vencido, emprega tímidamnete a súa lingua no campo e no mar, pero adota o castelán para falar en voz alta. É este un momento crucial na historia da literatura, porque é a partir de agora cando as linguas romances, impulsadas polo Humanismo, van a dar os primeiros pasos decisivos na súa elaboración artística. Empezan a ensaiarse os metros clásicos. Aparecen Ronsard en Francia, Sá de Miranda en Portugal, Garcilaso de la Vega en Castela... Galicia permanece en silencio. Aparecen grandes artífices, os poetas formalistas, os forxadores do castelán: Mena, Herrera, Góngora... Galicia permanece en silencio. Van avanzando os anos e xa cada lingua romance ten seu poeta: pódese falar da lingua de Camoes, a lingua de Cervantes, a lingua de Molière... Galicia permanece en silencio. O galego é ó longo deste periodo, a lingua dun pobo que cala máis que fala. Non hai un nome ilustre que a respalde. É unha lingua orfa. Pero é a lingua dun pobo. Non renace, pois, a literatura galega no XVIII, pero si producese un clima favorable para que na seguinte centuria xermine a semnete romántica e se produza o Rexurdimento galego: 1861, coa celebración dos Xogos Florais, e o 1863, coa publicación de "Cantares Gallegos" de Rosalia de Castro. Polo tanto, cabe suliñar deste xeito que a "nova" poesía galega achegase ó século e medio de tradición literaria; cun século XX onde xurdiron voces exemplares, dende Celso Emilio Ferreiro a Novoneira, ou mesmo Manuel María. E xa para rematar, que mellor que a frase de Papini: "Un poeta que estivese satisfeito do mundo en que vive non sería poeta".
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES