Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: A dispersión das administracións / Que morra o conto

viernes, 19 de marzo de 2021
A dispersión das administracións

As administracións públicas en Ourense buscan acabar coa dispersión das súas sedes. Perfecto. Xa era hora; tanto en Ourense como en calquera lugar de España. O espallamento das sedes das administracións sempre foron unha angustia e unha perda de tempo para o paisano de a pé, e, como non, un gasto enorme en arrendamentos que, tamén, claro está, paga o pobre paisano. Traballei na administración e en varias sedes polo que creo saber do que falo. Se poño un exemplo, todos nos entendemos: para presentar unha solicitude de algo, ás veces, tes que ir polo impreso a un lado, cubrilo onde poidas, presentalo noutro lugar e rexistralo nun terceiro porque onde o presentaches só era para mirar se estaba ben cuberto ou non.
Así é que tan axiña como lin esa nova no xornal levei unha gran alegría. Claro que a alegría na casa do pobre xa sabemos todos que dura pouco. Porque a Xunta, en principio, xa opta (estamos no caso de Ourense) pola antiga biblioteca e o PAC que se atopan na rúa Concello. O que significa que se na dispersión perdías o tempo indo dunha administración a outra, dun despacho a outro, agora perderás o tempo buscándote a vida para aparcar. Non sei que será peor: se o remedio ou a enfermidade.
Ó meu entender, todas as administracións si deberían estar xuntas pero nun lugar nas aforas da cidade e facilitando, iso si, un bo acceso de transporte, con autobuses circulando cada dous por tres e con aparcadoiros (gratuítos, ollo ó dato) para os vehículos particulares. Digo gratuítos porque bastante ten o paisano con perder unha mañá de traballo por un simple papel.

Que morra o conto

Quero ser o Mad Max da Valenzá para que ninguén me respire e o Freddy Krueger desta noite escura para que todos me teñan medo. Quero que ata o silencio teña medo e que as pegas deixen de voar por entre o millo que a Filomena do Arrastrado sementara alá nas Costelas. Ó mellor foi nas Longas. É igual. Quérolle asubiar ó sol e cantarlle un "Cara al sol" á lúa vella. Ás veces son así de espléndido. Outras non quero que o bicho de Alien me colla, me atrape, me morda, me trague.
Quero ser o niño dunha rula e tamén formar unha lagoa coas bágoas que verta. Claro que, ultimamente, non choro moito. Non choro nada. Ultimamente corro polos Castros e déixome caer nas nubes de algodón que circundan o río Miño.
Pingas de Orballo: A dispersión das administracións / Que morra o conto Quero cumprir coa tradición de ir e non volver. A onde? Iso si que non o sei. Pero o caso é marchar. Porque teño que marchar. Quizais para escapar deses heroes ou deses personaxes que se me pegan á pel. Eu non teño nada que ver co Freddy Krueger ese! E o Mad Max pelexa alá polo quinto inferno ou nas Antípodas. Ó mellor igual o fai nunha pantalla cinematográfica. Eu que sei!
Quero escoitar a Milladoiro e aparéceme un tal Kenny G. Non entendo nada. Nin tan sequera sei xa que pinto de fantasma no soño que me aconteceu na sesta: que non sei que de Mad Max e de Freddy Krueger, dunha tal Filomena e do "cara al sol con la camisa nueva" e dun bicho e dunha lagoa. Case é mellor que morra o conto. Que morra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES