Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paisaxe Mariñán (2)

viernes, 02 de abril de 2021
"A PANDEIRETA DE SEIS AZAS" II
A POESÍA EN GALEGO DE FRANCISCO DE FIENTOSA

II

Paisaxe mariñán.
Dous pinos na ribeira...
-Fusos de bel follax
fiando a néboa néboa-

Cantiga mariñana.
Caneiro de auga pura...
-Muíño ledo ledo
moendo a lúa lúa-

SEGUNDA ESTROFA

"Cantiga mariñana.
Caneiro de auga pura...
-Muíño ledo ledo
moendo a lúa lúa-"

Se a primeira copla era unha descrición onde se localizaba o lugar, a segunda, entra xa de cheo no contido, habendo tamén outros tres substantivos igual que na primeira estrofa, referidos a: cantiga, caneiro, muíño, tamén con tres ideas:

Verso 4 ----------- cantiga (Unha idea)
Verso 5 ----------- caneiro (Unha idea)
Verso 6 ----------- muíño (unha idea)
Verso 7 ----------- muíño (continuación)

repetíndose, como vemos, a estrutura da primeira.

Se observamos a organización das dúas estrofas, atopamos unha gran semellanza:
Paisaxe Mariñán (2)

Abreviaturas:
V: Verso.
S.N: Sintagma Nominal
S. Prep: Sintagma Preposicional
S.Prep/adv: Sintagma preposicional adverbial.

Como podemos observar, as estruturas tan só difiren nos versos tres e sete, pero a nivel de significados, confiren, debido a que un S. Prep. acompañado dun substantivo equivale a un adxectivo:
Paisaxe Mariñán (2)

V5.- "Cantiga mariñana": "Cantiga" é unha composición en verso á que se lle pon música para ser cantada e "mariñana" é unha cantiga pertencente á costa ou á comarca da Mariña, mais é agora cando o poeta entra en acción no

V6.- "Caneiro de auga pura..." que tamén remata coma o verso dous, o seu homónimo, cunha reticencia, o que supón, como xa dixemos, unha ampliación de significado por parte do lector porque pode e debe imaxinar máis contidos. Nós cremos que o "caneiro de auga pura" é unha metáfora referida á cantiga que se xera polo ruído da auga por entre as pedras do caneiro e máis que sae pola embocadura do caneiro coa forza da auga e coa forza da voz, tan pura como a auga e a voz, que sae do peito dos cantores acompañados do

V7.- "Muíño ledo ledo": que volve ser outra metáfora da pandeireta, porque cando o muíño moe as fornadas ten un tempo marcado polo son do muíño moendo, con tanta exactitude como a dun metrónomo musical que serve para non perder o compás e seguir medindo o tempo.
Remata o verso con outra reduplicación "ledo ledo" que contempla o significado que xa viñamos observando, mais o muíño conclúe con outra metáfora sorprendente, como todas as metáforas ultraístas de Francisco de Fientosa:

V8.- "moendo a lúa lúa" que, a parte das connotacións lorquianas, está referida ao toque da pandeireta, contemplada no verso, coa forma redonda da lúa chea e da maior parte dos instrumentos do muíño, que son redondos como as pedras albeiras, nunha semellanza total coa pandeireta debido a que non soamente é a figura redonda da pandeireta, das pedras e da lúa, senón que tamén hai un son do muíño que corresponde co son da pandeireta cando se lle dá cos dedos ou cos cotenos das mans. Meu deus! Que beleza a desta poesía e a deste grandísimo poeta esquecido polos nosos. Que desgraza a nosa, non poder darlle o que el nos deu! Canta beleza perdida entre os seus papeis e que perda na precocidade da súa morte!

Posdata.- É de advertir que os versos nos que aparecen guións, versos 3 e 4 na primeira estrofa, e 5 e 6 na segunda estrofa, son como apartes do eido teatral, son a expresión poética levada ás máximas estadías da beleza, onde o autor se eleva, gravita por enriba da realidade e fai que sexamos observadores dunha realidade idealizada por medio dunhas metáforas impresionantes.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES