Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Paisaxe Mariñán (1)

viernes, 26 de marzo de 2021
"A PANDEIRETA DE SEIS AZAS" II

A POESÍA EN GALEGO DE FRANCISCO DE FIENTOSA

II

Paisaxe mariñán.
Dous pinos na ribeira...
-Fusos de bel follax
fiando a néboa néboa-

Cantiga mariñana.
Caneiro de auga pura...
-Muíño ledo ledo
moendo a lúa lúa-

A segunda "aza" da pandeireta compóñena dúas estrofas de catro versos heptasílabos cada unha, con rima asonante, a primeira nos versos impares e a segunda nos versos pares, (a - a - ) (- b - b), formando dúas cuartetas asonantadas tamén chamadas coplas.

A copla de arte menor xorde na Provenza e chegou a España a través da poesía galaico portuguesa no século XII, influíndo na lírica galega dos séculos XIII e XIV, e esta, asemade, na lírica española. (1)

Francisco de Fientosa deseña, como se fose un arquitecto, a poesía das dúas estrofas, con tan só seis substantivos, formando o armazón sobre o que se edifican e a partir delas, fai unha arboradura nos mastros e vergas da embarcación poética do seu pensamento mariñán.

PRIMEIRA ESTROFA

Paisaxe mariñán.
Dous pinos na ribeira...
-Fusos de bel follax
fiando a néboa néboa-.

A primeira estrofa é unha descrición onde se localiza o espazo no que vai suceder algo, este espazo é unha paisaxe mariñá na que se divisan dous piñeiros na ribeira. Estas son as dúas ideas principais: paisaxe e piñeiros. Posteriormente os piñeiros marcarán outro substantivo as través dunha metáfora que está referida aos fusos.

Resumindo:
Verso 1 ------------- paisaxe (Unha idea)
Verso 2 ------------- dous piñeiros (Unha idea)
Verso 3 ------------- fusos (Unha idea)
Verso 4 ------------- fusos (Continuación)

A poesía de Francisco de Fientosa, como vemos, é unha poesía moi concisa, substantiva e nuclear, perfectamente guiada por medio duns substantivos que aparecen xa ao principio do verso e que son os arados que derregan os significados que se van engadindo nos regos dos versos.

O primeiro verso está construído por medio dun substantivo ao que se lle engade un adxectivo:

"Paisaxe mariñán"

No segundo verso o autor píntanos unha paisaxe moi simple:

"Dous pinos na ribeira..."

que teñen unha salvidade, e é que remata en puntos suspensivos, formando unha figura literaria coñecida como reticencia ou omisión intencionada de algo que debía ou podía dicirse e que non se dixo, para que así cadaquén amplíe o significado, poñéndolle á paisaxe todo o que o lector desexe na súa mente porque ao autor xa lle chegou poñer estes dous piñeiros para expresar a beleza destas árbores, pois son:

"Fusos de bel follax"

Unha metáfora comparando a figura dos fusos coa figura dos pinos. A imaxe deseñada polo autor de Triángulo Isósceles serían tamén a de dous triángulos e ademais, isósceles, tanto os piñeiros como os fusos.

Remata a cuarteta no último verso referido ao fuso, que orixina outra metáfora incríbel de reminiscencias lorquianas:

"fiando á néboa néboa"

É dicir, os piñeiros, convertidos en fusos, póñense en movemento para fiar ese tecido branco de la ou de liño que está representado pola "néboa néboa", nunha xeminación da palabra ou nunha figura chamada reduplicación, que consiste na repetición dunha palabra ao final do verso, e que a utiliza, ou ben para indicarnos que son dous piñeiros os que fían, ou como efecto estilístico para sinalarnos que había moita néboa, dándonos ademais unha carga poética de beleza e de brancura.

(Continuará)

NOTAS:
1. NAVARRO TOMÁS, T.- Métrica Española.Ed Labor, S.A. 2ª edic. páx 130.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania