O Mandeo esquencido
Rodríguez Cabanas, M. Francisca - jueves, 18 de marzo de 2021
Os que sodes novos non sabedes o produtivo e bonito que era ese lugar. Os labregos de Betanzos facían da ribeira do Mandeo un mosaico que era unha auténtica obra de arte. Todo se facía á man. As uvas maduraban colgadas polos cómaros que daban á carretera. Polo Antroido xa os tirabeques estaban en flor. As patacas tamén eran das primeiras. As leiras eran pequenas, minifundio do minifundio. E pouco accesibles. Había que levar o esterco en carros de man e acabar o recorrido en paxes na cabeza.
Na plaza dábase saída a todos estos productos. Viñan compradores de Coruña, Lugo, Ferrol... Carros de cabalos amarrados na antiga feira do gando, donde hoxe é Correos. Tratantas xurando e invocando a deus e a cantos santos fixera falta con tal de conseguir unha rebaixa.
O lúpulo, xunto co secadeiro, tamén deron vida a Betanzos. No tempo de colleita os anoiteceres eran un ir e virde carros polas calexas. Decisións políticas fixeron desaparecer esta trepadora tan rápido como aparecera.
Recordo ir á feira con paxetas de cereixas na cabeza. Na paredilla do Mandeo pousabamos para descansar antes de entrar na vila. A vista era espectacular. A Natureza convertía a ribeira nunha colcha de trapos multicolor. Di o refrán que o Mandeo cada ano leva o seu. Pero foi a él a quen levou o tempo. E á colcha. E á paredilla das paxetas. E á nena das cereixas.
Mª Francisca Rodríguez Cabanas Ferrol, marzo de 2021.

Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora