Vaite, pandemia
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 18 de marzo de 2021
Hai visitas esperadas, visitas inesperadas, vistas oportunas, visitas inoportunas, visitas sorpresa, visitas programadas, visitas...
-As visitas esperadas, son recibidas cos brazos eco corazón abertos.
-As inesperadas, depende
-As visitas oportunas son unha bendición para quen as fai e máis para quen as recibe.
-As inoportunas,séntannos fatal.
-As sorpresa, depende
NO CASO DA VISITA DO CORONAVIRUS FOI UNHA VISITA SORPRESA, INESPERADA e INOPORTUNA:
-SORRESA porque ninguén contaba con ela.
-INESPERADA: porque ninguén lle mandou vir.
-INOPORTUNA:porque nos levou por diante moitas vidas e tamén moita calidade de vida.
CERTO QUE:
-A natureza precisaba un "respiro".
-Quizais precisaramos un "toque de atención".
-Estamos contaminando demasiado.
-Maltratamos a nosa nai común, maltratamos a Creación e os crentes, tamén maltratamos ó Creador.
-A nosa casa común precisa "unha limpeza a fondo".
TODO ESO E MOITO MÁIS, É BEN CERTO; PERO:
-Xa pasaron á outra vida moitas persoas.
-Xa o personal santario está ó límite das súas forzas.
-Xa hai moitas outras doenzas desatendidas
-Xa son moitas as persoas que teñen a alma "sangrando".
-Xa levamos un ano privados de liberdade.
-Xa pecharon moitas empresas e outras están coa auga ata o pescozo.
-Xa nos está pasando unha factura moi cara esta situación.
-Xa perdemos saúde física e tamén mental.
-Xa
GRAZAS QUE:
-Xa se albisca unha luceciña moi tenue ó remate do túnel.
-Xa as farmacéuticas proporcionan varias vacinas autorizadas pola Axencia Europea do Medicamento.
-Xa están inmunizadas algunhas persoas.
-Xa empezan a abrir a tempo parcial algúns comercios.
-Xa os hostaleiros soñan con poder levantar cabeza.
-Xa o mundo do ocio empeza a facer algunha cousiña.
-Xa gañamos alguna mobilidade.
-Xa soñamos cun novo mencer
¡VAITE, PANDEMIA!
¡VAITE DUNHA VEZ!
Eso é o que dicimos todos.
Pero a pandemia está moi a gusto entre nós e non quere irse.
¿POR QUÉ ESTARÁ TAN A GUSTO?
Porque o virus que a produce é moi saltarín:
Salta dun noutro con tal que de non ter que dar unha chancada moi grande porque ten as "patas" cortas.
Se as persoas nos alonxamos unhas das outras, o "bicho" non dá achancado.
A solución parece doada; pero non é tanto como parece:OS HUMANOS PRECISAMOS RELACIONARNOS EN PROXIMIDADE.
E reunímonos coa familia ou coas amistades para facer festas, sen decatármonos de que nas festas é onde máis cómodo se encontra o coronavirus.
AS XUNTANZAS HAI QUE DEIXALAS PARA MÁIS ADIANTE.
Non queda outra:
Se queremos que a pandemia se vaia, temos que facilitarlle a fuxida.
"FACILITARLLE A FUXIDA"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora