Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sendas de Gloria / A tentación vive arriba

jueves, 18 de marzo de 2021
Sendas de Gloria
Sendas de gloria son aquelas polas que me sento ben. Por aqueles camiños ou carreiros polos que se me dá por asubiar. E como asubío tan ben, noto como se deteñen os paxariños a escoitar. Algún que outro contéstame. Sendas de gloria no meu camiñar. Pingas de Orballo: Sendas de Gloria / A tentación vive arribaE viaxo polo profundo dos seus ollos e polo cable da luz que atravesa a rúa da esperanza para chegar á meta da realidade. E aínda que ás veces a realidade é dura, traidora e escura, no meu caso, sempre está aí para que a analice con catro versos e unha canción. A pena é que non son Joaquín Sabina.
Sendas de gloria son aquelas que me levan polos vieiros dunha canción que semella que nunca ten fin e que eu asubío de portelo a portelo e de carballo a carballo. E non hai valado que se me resista nin negativa que asome por un balcón. Tamén de cando en vez sento á beira dunha lagoa e espero que o desexo de alcanzar a gloria chegue nun santiamén ou nun simple latexo de certa ocasión, desta ocasión.
Sendas de gloria que percorro desde que o mundo se dignou a escoitarme, e aínda que só emitise un sinxelo asubío por entre os castiñeiros do tempo. Dese tempo que vai e vén por entre a melancolía de certas cancións e que se bambea baixo o impulso do ritmo musical de Vangelis. Sendas de gloria son as de Kirk Douglas en tempos de guerra e son aquelas polas que camiño coa ollada perdida e a morriña rabuñando na alma de cando o amor era poesía. A ansiedade é a escrava de certas batallas.

A tentación vive arriba
Cando me dixeron que a tentación vivía arriba, pensei, por suposto, que era Marilyn Monroe resucitando de entre os mortos para apousentar no segundo andar do meu edificio. E, sinceramente, sentín algo así como unha corrente de orgullo que subía Pingas de Orballo: Sendas de Gloria / A tentación vive arribapolo meu peito. Que Marilyn Monroe non era moco de pavo. Por certo, de parva non tiña nada.
Non obstante, cando xa iniciara o camiño para presentarme ante ela, axiña caín na conta de que tal tentación era ese universo que quero visitar, ese universo sen fin que vai moito máis alá das estrelas. O que me comunicara a nova sabía da miña alucinación polo infinito e máis alá. E no máis profundo da miña alma agradecinlle o detalle; polo que, o primeiro que fixen foi subir, pero non ó segundo andar, senón aínda máis arriba, ou sexa, ó faiado para recuperar o meu traxe de astronauta. Por fin chegaba de novo a ocasión de darlle as laudes a esa tentación que levaba anos consumíndome. Deixei de pensar na Marilyn Monroe e corrín coma un foguete ata a nave Nostromo cinematográfica. Nesta viaxaría no tempo e polo espazo para cumprir co meu desexo: vivir eternamente polo universo sen fin e co silencio preñado de romanticismo. A verdade é que son un romántico.
A tentación vive arriba e a miña alegría verte galaxias que cruzo a velocidades supersónicas e sabendo que a meta nunca terá fin. Lánzome feliz e contento cara ó universo azul. Ou negro. Ou escuro. Pero inmenso e bonito.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES