Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Magdalena Álvarez

lunes, 09 de junio de 2008
Ministra de Fomento, de regulares maneiras, non simpatiza connosco, os habitantes dunha terra que en tempos tivo un Plan.

Fiámonos das promesas, tendo fe, cremos que o Ave pode chegar a Galicia no 2012, pero Magdalena encárgase de poñer as cousas no seu lugar cando di que falar de prazos ponlle “os pelos de punta”, porque pode haber toda unha serie de circunstancias que condicionen o remate dunha obra, desde achádegos arqueolóxicos a incidentes climatolóxicos.

O caso é que diante de atascos e retrasos nestas e outras obras, a Ministra optou por dar evasivas e nin os parlamentarios do Bng, socios no goberno galego, conseguiron resposta sobre as datas da alta velocidade en Galicia.

Algo debeu rebulir no interior do Psdg, porque primeiro o Presidente da Xunta saleu ó paso para dicir que se ían cumprir todas as promesas e os prazos, e logo o secretario de Organización desta forza política, Xosé Blanco, saíu ós medios indicando que antes a pregunta era de se o Ave se ía facer ou non, e agora a pregunta de “canto” ia estar feito.

Pero xa que segundo a Ministra seguimos sen data, preferimos fiarnos do Presidente do Goberno e do Presidente da Xunta, crendo as promesas e pensando que en 2012, faltan aínda catro anos, poderemos velo chegar.

En canto á Ministra de Fomento, caémoslle mal e está empeñada en que a nós nos pase o mesmo con ela. Será destemplada e borde, aborrecerá os prazos e as preguntas, pero moi posiblemente o Ministerio funcionará a pesar da Señora Ministra, polo que non hai que desesperar, e pensar que para as próximas eleccións teremos algunha cousa que celebrar dentro das competencias do seu ministerio. Amén.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania