Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'Repinicar dos remos' (2)

viernes, 19 de marzo de 2021
"A PANDEIRETA DE SEIS AZAS" I

A POESÍA EN GALEGO DE FRANCISCO DE FIENTOSA


I
Repinicar dos remos,
pandeirada de auga,
aturuxo de vento,
¡foliada da barca!

------------------

Pola contra, o campo semántico da estrutura B, sería:

remos
auga
vento
---------------------------------
Campo semántico: BARCA

Como podemos observar, todos estes substantivos están relacionados con ese mundo que Francisco de Fientosa levaba sempre no seu pensamento, a auga, o mar e os barcos, xa desde moi pequeno, como comentamos en páxinas anteriores. O autor tiña esta teima, tal e como se observa nos títulos das dúas obras publicadas, na primeira Triángulo Isósceles de 1934, despois de dedicarllo ao seu irmán César e no que lle chama "Pórtico humilde", dinos na páxina 6 do libro co que me agasallou Inés Crecente:"Triángulo isósceles, porque en la geometría lírica de mis años de colegio fué siempre la figura dilecta; porque le llevaba siempre conmigo en un lápiz negro, regalo de Baltasar, y con él decoraba las mañanas pintando velas de navíos y cascos de soldados. Entonces yo tenía diez años y soñaba con ser marino y capitán de lanceros". Triángulo isósceles vén a ser o signo minimalista das velas dun barco. Na segunda obra, "El alba de quechemarín", está claro, porque a palabra quechemarín significa unha embarcación pequena, de dous paus e con velas ao tercio; pois ben, aquí tamén temos o campo semántico da BARCA: no que entran os REMOS, a AUGA e o VENTO, todos eles substantivos necesarios para que a barca navegue. Están colocados cunha gran mestría e relativos a unha foliada, pero agora sentíndoa como unha metáfora relativa a un PASEO en barca, onde:

1º.- "Repinicar dos remos": Os remos repenican levantándose dos toletes e baixando do estrobo para poder poñer en movemento a barca ao premer na auga. Ao mesmo tempo, "os remos repinican", supón unha metáfora extraordinaria, referida a remos

Remos = Mans, cotenos que repinican
Repenicar = Tocar con asiduidade no pandeiro.

A imaxe é preciosa porque abrangue o mundo mariño e mais o mundo musical, formando unha simbiose total entre estes dous mundos.

2º.- "Pandeirada de auga": É outra metáfora tamén preciosa, tamén referida aos dous mundos: musical e mariño, onde a auga ao moverse a barca forma imaxes de ondas circulares que semellan pandeiros, e a acumulación de ondas ao redor da barca, conforman unha pandeirada, pero de auga. Que preciosidade! Que beleza a deste poema! Que mestría a do noso escritor! Agora entendo porque se lle chamaba o novo Valle-Inclán.

3º.- "Aturuxo do vento": Seguimos con outra metáfora que volve xunguir os dous mundos: musical + mariño, e que dá conta do son do vento contra a barca ou os mastros e velame, facendo ruídos que o autor metaforiza en aturuxos.

4º.- Todo isto resólvese nunha "Foliada da barca" porque o bulicio do que participa a barca cos remos, as ondas da superficie e o vento, compoñen tan ben eses dous mundos matematicamente expostos polo grandísimo Francisco Vega Ceide, e que son a música e a auga.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES