Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Baño de paz

jueves, 11 de marzo de 2021
As persoas que temos a sorte de gozar de comodidades no fogar dámonos un baño diario con auga a temperatura adecuada.
¡Qué ben nos senta!

E cando o calor apreta: un baño no mar, nun lago ou nun río tamén sentan moi ben.
A nosa pel precisa hixiene corporal: limpa-los poros, tonificar…
Pero, se ben é certo que o baño corporal é saudable e necesario; tamen é ben certo que podemos estar moi limpos externamente; pero sentirnos moi mal no noso ser interno.

A vida pode presentarnos situacións difíciles que precisan un "BAÑO INTERNO", un "BAÑO DE PAZ".

Cando se trata de problemas de conciencia, a Igrexa Católica ten como remedio o Sacramento da Reconciliación que administran os seus ministros para poñernos en paz con Deus e máis cos
irmáns.
Pero tamén existen outros problemas provocados polos avatares da vida que nos dan moita guerra.

Para este tipo de problemas tamén están os psicólogos, os médicos, os enfermeiros, os terapeutas de todo tipo…

Afortunadamente, nos países desenrolados temos moitos especialistas para axudarnos.
A estes especialistas acudimos cando non nos queda máis remedio porque non os temos ó noso alcance a todas horas.
¿Qué nos queda, entonces?

Pois quédannos moitas persoas que están ó noso carón: os parentes, as amistades, os veciños…
E tamen nós mesmos.

Para dar solución ós nosos problemas, os primeiros a quen temos que recurrir é a nós mesmos.
Dentro de nós levamos moitos recursos que poden favorecer a nosa paz interior.
¿QUÉ PODEMOS FACER POR NÓS MESMOS?:

-AGRADECER A VIDA Ó DONO DA VIDA, Ó CREADOR, Ó UNIVERSO, Á VIDA (según as crenzas…) e poñernos nas súas mans para que ilumine os nosos pensamentos, guíe os nosos pasos e nos conduza polo camiño do ben.

-LOITAR INCANSABLEMENTE por formarnos cada día máis e mellor para ser útiles a nós mesmos e á sociedade na que desenrolamos a nosa vida diaria.

-AMARNOS INTENSAMENTE, amarnos tal e como somos desde a cabeza ata os pés porque somos froito do AMOR.
Se nós mesmos non nos amamos…
¿Qué podemos esperar?

-RESPECTARNOS PROFUNDAMENTE porque somos criaturas únicas coas nosas virtudes e cos nosos defectos; pero os máis importantes para nós mesmos.

-RESPECTARNOS E DARNOS A RESPECTAR demostrando coas nosas accións que somos persoas de ben; persoas que nos estamos facendo cada día coa sa intención de ser algo mellores ó longo da vida.

-NON TER MEDO ÓS CONTRATEMPOS que a vida nos poida presentar porque todo ten o seu lado positivo e todo sairá ben.

E, despois de que fagamos todo canto poidamos polo noso benestar integral como persoas de boa vontade, temos que pensar nos demais.

Os demais forman parte da Creación, parte do Universo, igual que nós.
Están feitos da mesma masa.
Teñen as mesmas emocións que temos nós:
Senten, gozan e padecen como sentimos, gozamos e padecemos.
NECESITÁMOLOS E NECESÍTANNOS.

Necesitamos dos demás toda a nosa vida, desde o nacemento ata o pasamento.
Os demais tamén nos necesitan ó longo de toda a súa vida.
Por eso cómpre estar atentos.
CÓMPRE ESTAR ATENTOS ÁS NECESIDADES DAS PERSOAS QUE NOS RODEAN.
Posiblemete o estean pasando mal.
Posiblemente precisen un "BAÑO DE PAZ":
Todos o estamos precisando.

A pademia está creando moitos problemas ós que deberemos facerlles fronte en canto nos vacinemos e poidamos facer "vida normal".

"VAITE PANDEMIA"

Este será o título do seguinte artigo.

Motas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES