Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Éxtase/ Os ceros á esquerda

jueves, 11 de marzo de 2021
Éxtase
Estou en éxtase porque estou escoitando música ou porque estou a facer tempo para que empece a película noitébrega da televisión? Estou en éxtase porque quero contemplar o ceo en azul pero tan só o vexo negro. É noite pecha. Hai éxtases que deixan a un como apampado, pero non podo dicir iso, para que ninguén pense que son un pouco bocaaberta ou un moito pasmón. Case é mellor dicir que hai éxtases que me levan por entre as carballeiras da inocencia ou por entre os carreiros dos latexos.
Pingas de Orballo: Éxtase/ Os ceros á esquerdaQuedo en éxtase escoitando o jazz de John Coltrane e, por que non, o "mi carro" de Manolo Escobar. Porque ó pensar no carro tamén penso no que temos na palleira, que me leva a aqueles tempos no que o simple eixo dun carro facía un jazz eterno polas rúas de Baños de Molgas. Hai sons que, sen ser musicais, deixan a un nunha éxtase eterna e inmensa. Máis ou menos coma se flotara por entre esas nubes de algodón que non se ven arestora.
Estou en éxtase desde que sigo o ritmo cardíaco dun poema que, verso tras verso, di o que ten que dicir. Ás veces con mensaxes subliminares e outras con significados recónditos. Todo está en cada un e dependendo de como o mire, de como o lea. A éxtase é un substantivo feminino que amosa o estado de conmoción espiritual no que alguén está como fóra de si, sen consciencia do mundo sensible. Menos mal que eu estou dentro de min, porque o meu mundo si é sensible. Pero, iso si, déixome levar igual pola inercia dunha éxtase sen fin. Éxtase neste tempo que xa foi.

Os ceros á esquerda
Son as catro da tarde. Fóra hai sol. Dentro estou co ordenador e escoitando música. Penso, logo existo. Ou non. Ata eu mesmo recoñezo que algunhas veces, ou moitas veces, son un cero á esquerda. Que tamén xa é dicir. Hoxe é o Día Internacional da Muller. Quéroas a todas. E todos os días tiñan que ser delas. Porque sen elas, nin cero á esquerda nin o carallo bendito. Dixen que chovía? Non. Claro, porque non chove. Ó mellor a min si me chove. A ver, non sempre vou estar cordo. Tamén me falla a Pingas de Orballo: Éxtase/ Os ceros á esquerdasensatez moitas veces Máis das que eu quixera. Cambio de música. Agora é Juan Pardo quen lle canta a Rosalía. A nosa Rosalía. A el, a Juan Pardo, bícano dúas nais e lle dan arrolo. A min bicábame a miña... das dúas maneiras: cos beizos e coas mans. Con estas, xa se entende, labazada vai e labazada vén. Pobriña, eran outros tempos. E grazas a elas, ás mans, foi polo que saín tan boíño. O de boíño dígoo eu, claro. Para os de fóra... Pero por que me vou meter en camisa de once varas? Mellor dicir que son as catro e sete minutos da tarde. Que se pensaba, existía; tamén é certo que aínda que non pense, existo igualmente. Os ceros á esquerda existen, que para iso se poñen á esquerda. Quero afogarme nunha lagoa de desexo, ou tirarme desde un balcón, ou realizar paseos á luz da lúa vella. Paseos á luz da lúa é moi bonito, moi poético. Din que o amor é poesía. Será. Un rap que sae na película "Gran Torino" fai que mova a cabeza ó seu ritmo. Definitivamente, tamén me gusta o rap. A ver, os ceros á esquerda temos que buscarnos a vida, e o ocio, e a nostalxia e unha historia para contar. Esta? Pois mira que é ben pobre, pero...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES