Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Berro de dor por Pepa

martes, 09 de marzo de 2021
Berro de dor por Pepa Laio de dor por Mª José Vázquez Vizcaíno, Pepa, alma mater do videoclub das Noreas, compañeira na produtora Ophiusa, en Televisión Lugo e Galicia Digital, que soportou coa enteireza e forza que lle eran naturais unha enfermidade longa, que nola arrincou nas case vísperas do seu día, con alevosía como para provocar máis dor.

Pepa foi incansable loitadora contra da enfermidade, como loitadora foi toda a súa vida. Cada vez que pasábamos pola praza do Campo o seu corazón entraba no histórico Bar Porrón (agora Antas de Ulla), que seus pais rexentaran, e no que ela tanto axudou a facelo progresar.

Foi alí onde Pepa aprendeu a loitar, e cando con Carlos rexeu Videolugo fixeron del casa de todos, cónclave de cinéfilos devotos confesos da sétima arte que podía levarse para a casa naquelas caixiñas de vhs.

En calquera produción de Ophiusa está a anónima man de Pepa colaborando, axudando, empuxando, como logo en Televisión Lugo, imprescindible, coidando os máis mínimos detalles para que todo funcionase á perfección, chegando a conseguirnos exclusivas como a entrevista a Álvaro Baeza ao que ‘cazou’ no centro de Lugo convencéndoo para que a acompañase aos estudos de O Ceao. E por fin, en Galicia Digital, última aventura na que xa levamos vinte anos, Pepita foi imprescindible colaboradora, animadora, nos momentos de gloria ou dificultade, que de todo houbo.

Infatigable muller calada, familiar, amiga, que adoraba aos nosos nenos como se fosen seus, non pode irse co noso silencio. E aínda que as circunstancias pechen as nosas bocas, quede no aire a aperta de amizade a todos os seus, e o calado berro de dor pola súa perda.

(Na imaxe, Ana fotografía a Manuel Regueiro (+), Teresa Pérez, Pepita(+) e Carlos)
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES