Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estamos de loito

lunes, 08 de marzo de 2021
Galicia Digital, a nosa casa, tan grande en amigos, colaboradores, participantes, asíduos visitantes... está de loito. Morreunos Pepa, vía de contacto con moitos dos que nos leen a cotío.
Estamos de loito
O seu nome era María José Vázquez Vizcaíno, estaba casada con Carlos Rodríguez Arias, membro fundador de Galicia Digital, e o noso primeiro Director técnico; e os dous tiñan unha filla, Ana Isabel, Doutora en Ciencias da Comunicación, profesora da Universidade de Compostela, que durante moitos anos tivo ao seu cargo a parte informativa diaria desta plataforma dixital.

Pepita ou Pepa para os seus centos de amigos, silenciosamente efectiva, solucionaba problemas, aportaba solucións, cultivaba detalles, de xeito que todo o que tocaba resultaba perfeccionado. Coa naturalidade do hábito, co inxenio do orfebre, coa seguridade dunha científica.

A poucos días da súa festa anual, que a evidenciaba centro de innumerables afectos, fóisenos en silencio, roubada por man alevosa e implacable, cansa de loitar contra un inimigo que nas súas entrañas non paraba de minar a súa infinita resistencia.

Desde Galicia Digital, a súa casa, como antes o foi Televisión Lugo, a produtora-editorial Ophiusa, ou o xa histórico Videolugo, recollendo o sentir de todos os seus amigos, das incontables amigas, que sufrimos o tremendo golpe da súa perda precisamente o Día da Muller de 2021, queremos transmitirlle a toda a sua familia -con especial referencia a Carlos, o seu home, e a Ana Isabel, a sua filla- a sintonía coa súa dor e as sentidas condolencias que formulamos e recollemos para despedir en respectuoso silencio á amiga-irmá que queremos pensar nos está contemplando xa desde o carreiro de estrelas que no ceo Carlomagno intuíu desde Aquisgrán a Compostela, pasando polas terras que dan nome á plataforma dixital que tanto quixo a Pepita, e que Pepita tanto serviu e amou.
GaliciaDigital
GaliciaDigital


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES