Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Asasinos ó volante

viernes, 06 de junio de 2008
A diario presenciamos locuras executadas por persoas que gobernan os mandos dun automóvil con total irresponsabilidade, teñan ou non carnet de conducir, estean sobrios ou non. Parece que o vehículo potencia as tendencias irracionais das persoas, e é ó volante cando demostramos a nosa verdadeira interioridade.

No aspecto do alcohol e na posesión do correspondiente carnet están facendo especial fincapé os membros da garda civil de tráfico que desde o primeiro de maio comezaron a revisar especialmente este aspecto encontrándose con cento trinta delincuentes en Galicia, porque circular sen carnet agora é delicto. O oitenta e sete por cento destes 130 (113) nunca pasaron por unha autoescola nin, polo tanto, se examinaron para obter o carnet. E eso que houbo unha ampla moratoria antes da entrada en vigor da norma que convertía en delicto esta ata entón falta.

Pode que moitos destes conductores manexen os seus automóviles coa mesma destreza ca os que despois de estudiar nunha autoescola sufriron os correspondentes exames, pero eso hai que demostralo precisamente a través das probas que están establecidas.

E para que non queira examinarse hai vehículos especiais sen carnet, os cuadriciclos, incrible coladeira pola que a Administración amosa o maior exemplo de tolerancia e manga ancha que pode concibirse.

Somos tan sensibles ó tema do tráfico, e estamos tan expostos ós seus efectos, que hai que pedir firmeza ós seus responsables nas esixencias documentais dos conductores, como no respecto ó uso do alcohol e toda a normativa vixente.

A prudencia salva vidas, e os carnets dan tranquilidade ós seus posuidores como tamén a todos os implicados no tráfico. Hai asasinos ó volante que están agardando ser detidos para evitar mortes. ¡Man dura nun sector no que a inmensa mayoría respecta as normas e unha ínfima minoría xoga alegremente coa súa vida e as dos demais.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES