Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

No Día da Muller

lunes, 08 de marzo de 2021
A Xunta de Galicia, con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora o día 8 de marzo, quere reiterar un ano máis o seu firme compromiso na visibilización da muller en todas as esferas da sociedade así como recoñecer o seu liderado e contribución para acadar un mundo máis igualitario.

A Organización de Nacións Unidas (ONU) dedica o Día Internacional da Muller no ano 2021 á temática Mulleres líderes: Por un futuro igualitario no mundo da covid-19. Os últimos datos estatísticos publicados pola ONU sinalan que menos do 50% das mulleres en idade de traballar están no mercado laboral, unha cifra que case non mudou nos últimos 25 anos. Ademais as mulleres ocuparon só o 28% de postos de xerencia a nivel mundial no ano 2019, e só o 18% das empresas tiñan unha directora executiva no ano 2020. No relativo ás disciplinas STEM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) as mulleres seguen estando infrarrepresentadas e constitúen pouco máis do 35% das persoas tituladas nestas áreas. Estas diverxencias de xénero son preocupantes posto que os estudos vinculados coas STEM son o motor da innovación e do benestar social, do crecemento inclusivo e do desenvolvemento sustentable.

A pesares de que se conseguiron moitos progresos na incorporación das mulleres ao mercado laboral, aínda quedan obstáculos. Lograr a igualdade de xénero e empoderar a todas as mulleres e nenas é un dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable de Nacións Unidas, aprobados en setembro de 2015 como parte da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sustentable, e debe ser un obxectivo das políticas públicas. En consecuencia, é necesario adoptar normativas que impulsen e garantan activamente a igualdade.

Neste marco e nun ano tan complicado como o que acabamos de vivir, no que a crise sanitaria da covid-19 está poñendo a proba a toda a poboación mundial, as mulleres galegas están a desempeñar un papel crucial achegando o seu talento, traballo e liderado en sectores clave: como traballadoras dos ámbitos sanitario, científico e educativo; servizos sociais e ámbito asistencial; nos sectores da alimentación e transporte; innovan e dixitalizan pequenas e medianas empresas das que dependen economicamente moitas das familias galegas no rural e na cidade; asumen decisións en postos de responsabilidade e seguen a coidar de moitos dos nosos nenos, nenas e maiores. Este esforzo conxunto de todas as mulleres implica un antes e un despois na transformación da sociedade galega que ocasionou esta crise sanitaria e, co seu esforzo diario, estanse a sentar as bases para a recuperación da nosa economía e benestar.

Non obstante, a crise sanitaria tamén puxo de manifesto moitas das desigualdades que aínda persisten e nas que traballaremos día a día con énfase para conseguir superarlas: é preciso rematar coa fenda salarial e a discriminación da muller no mundo laboral, racionalizar horarios e fomentar o teletraballo para mellorar a conciliación e acadar un reparto equilibrado das tarefas domésticas aumentando a corresponsabilidade dos homes no fogar, incrementar a presenza das mulleres en postos directivos e de toma de decisións rompendo os teitos de cristal, así como incentivar o emprendemento feminino e o empoderamento de mulleres e nenas.

Aínda que nos últimos anos se acadou un gran avance na igualdade entre mulleres e homes, o Goberno galego é consciente de que no escenario actual queda aínda un longo camiño por percorrer. Non podemos esquecer neste día a todas as mulleres que perderon a súa vida polo feito de ser mulleres. Por elas, por todas, brindamos o maior apoio posible e os medios necesarios para mellorar a súa seguridade e axudalas a saír da situación de violencia que están a sufrir, dicindo alto e claro NON á violencia de xénero.

Conseguir a igualdade real e efectiva, superar os estereotipos de xénero, corrixir a desigual distribución dos roles na sociedade e eliminar os obstáculos que impiden ás mulleres o pleno desenvolvemento profesional e persoal son obxectivos e prioridades do Goberno galego, que requiren do compromiso e implicación de toda a sociedade, organizacións e institucións da nosa Comunidade.

O enfoque de xénero é un dos piares fundamentais que guía as políticas e accións deste Goberno e confiamos en seguir camiñando xuntos, con todas as galegas e galegos, nesta andaina cuxa meta é acadar unha sociedade igualitaria e sen discriminacións de ningún tipo porque sen mulleres non hai Galicia.

(Declaración institucional da Xunta de Galicia no Día da Muller)
Xunta de Galicia
Xunta de Galicia


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES