Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Que oficio tan raro

martes, 09 de marzo de 2021
Lendo no libro "Quirke en San Sebastián", de Benjamin Black, na páxina 201, e cando un personaxe entra nunha libraría, atópome co seguinte parágrafo: "Tantos libros... tantas palabras. Vai ti saber por que o farían, por que insistían, centos, miles, todos encurvados sobre papel e bolígrafo, esborranchando palabras, deténdose de cando en vez coa ollada perdida, furgando no nariz ou rañando as pelotas. Que oficio tan raro, inventar historias e esperar que a xente pagara por lelas".
Por que escribimos? A razón máis esencial quizais sexa porque nos gustou e nos gusta ler e como todos somos algo egoístas, por que nós non podemos tamén escribir. Bebemos do que lemos e intentamos darlle outra forma, outro estilo, o noso estilo. No meu caso, e a maiores diso, tamén creo que escribo por aburrimento. Xa teño confesado que é un dos graves problemas que teño, o do aburrimento. De aí que no monte, e despois de cansarme de ler, me dedicase a xogar co Uriarte ou incluso a zorregar coa vara nas xestas e toxos con tal de matar o tempo. E como me aburría en Madrid (como funcionario que era, tiña todas as tardes libres), metíame nos cafés e dálle que dálle.
E xa posto, tamén escribía porque había que botar fóra todo o que se leva dentro. O que levas dentro, de mozo, son uns namoramentos ou uns versos que te cagas. De adulto, unhas protestas ou unha carraxe (social, política ou de todo) que hai que cuspir como sexa. Os covardes facémolo por medio das palabras. E por último, escribo... porque me gusta.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania