Trato humano
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 04 de marzo de 2021
A vida regalounos, á case todos, o DON DA PALABRA; algo que nos distingue de tódolos seres da Creación.
Posuír o DON DA PALABRA é un privilexio do que non tódolos humanos poden disfrutar e tampouco os restantes seres da Creación.
(Un sincero recordo para as persoas xordomudas e as súas familias e un profundo agradecemento á linguaxe de signos)
Este privilexio non é algo que adquiramos por méritos propios; É UN DON, UN REGALO.
¿Qué podemos facer nós para agradecelo?
¿PODERÍAMOS HOMENAXEALO OFRECENDO UNHA LINGUAXE LIMPA?
Unha linguaxe limpa ha de posuír BONDADE porque a bondade crea confianza entre as persoas.
A BONDADE DAS PALABRAS APROXIMA OS CORAZÓNS.
Pero as palabras que pronunciamos pasan antes polo cerebro.
Se cultivamos bos pensamentos é porque tamén temos un bo corazón.
Se temos bo corazón, temos capacidade para amar.
E se amamos, facemos cosas boas e se facemoscousas boas coas persoas que nos rodean, estamos tendo un trato humano.
Así de sinxelo.
O NOSO CORAZÓN É COMO UN ALMACÉN MOI GRANDE ONDE GARDAMOS O MELLORIÑO QUE TEMOS:
-AMOR: para dar a tódalas persoas e tamén para recibilo.
Hai moitas persoas que nos aman e ás que amamos.
AMAR E SER AMADOS: UNHA AUTÉNTICA BENDICIÓN.
-AMABILIDADE: acompañada dun SORRISO é unha boa ferramenta para entablar relación con calquera.
Os acenos amables falan por si sós.
A expresión non verbal FALA MOI CLARO.
-ALEGRÍA: para escorrenta-los medos que se nos presentan a miúdo.
-BO HUMOR: ante as adversidades da vida, pensando que: "MÁIS SE PERDEU NA GUERRA DE CUBA
"
O bo humor: que non nos abandoe nunca, sobre todo nos momentos difíciles para que nos permita ver o lado positivo da vida.
-AXUDA: ¡Que satisfacción tan grande axudar e recibir axuda nun momento de apuro!
¡Canto mérito teñen esas persoas que nun momento dado arriscan a súa vida en favor da de otros..!
E esoutras persoas que están dispostas a axudar incluso sen necesidade de pedirlles axuda.
-CONSOLO: para consolar nos momentos de tristura como fan os psicólogos, o personal sanitario e MOITAS PERSOAS DE BOA VONTADE ante as persoas en situacións críticas.
-SERVICIALIDADE é propia das persoas con corazón moi grande. É un "MANANCIAL" maravilloso que brota directamente do corazón
-XENEROSIDADE: propia das persoas desprendidas, das persoas que saben compartir, das que son felices facendo felices a outras, das persoas sen apegos nin complexos
-TEMPLAZA que tamén nos fai moita falta cando os nervios están a punto de saltar, cando a cabeza quere "estalar"
SERENARSE, ABRIR BEN OS OLLOS E ACTUAR FRIAMENTE é o que máis nos convén ante situación difíciles que nos pode presentar a vida cando menos o esperamos.
¡TEMOS TANTA RIQUEZA NOS NOSOS CORAZÓNS QUE AÍNDA NON O SABEMOS BEN!
É unha mágoa que pasemos moitos días da vida sen descubir esa riqueza tan abundante que hai dentro de nós.
Pero como a vida é dura, a veces
A veces: os nervios xógannos unha mala pasada.
Precisamos un "baño de paz".
UN BAÑO DE PAZ
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora