Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Branco perfecto

viernes, 05 de marzo de 2021
Mamede Valente Etimo subiu ó faiado e colleu a escopeta de caza. Díxolle á muller que non había volta de folla, que lle dera por alí, o de ir de caza. E Mamede Valente, O Escarranchado, falaba pouco, pero cando dicía algo, o que dicía ía á misa. Non foi á misa e marchou para o Outeiro Barbeiro, un pequeno lugar existente no monte Medo de Pingas de Orballo: Branco perfectoBaños de Molgas. Alguén lle dixera que Detrás das Poulas debía haber algo, algún animal ou algo que levaba uns días deixando escapar uns bruídos que metían medo. E O Escarranchado, segundo non tiña vergonza, tampouco tiña medo. A proba é que nin tan sequera quixo levar o seu can Rañado; por se ese animal ou algo llo desgraciaba.
Cando chegou ó Outeiro Barbeiro sentou no primeiro penedo que atopou e axexou cara á Detrás das Poulas. Non levaría nin media hora (que va!, a proba é que aínda só había unha cabicha de cigarro xunto ós seus pés, cando Mamede Velente é deses que acenden un pito no outro) cando escoitou el tamén o bruído. Axiña o viu. Era un bicho inmenso que nin el mesmo coñecía. Tan grande que o deixou coa boca tan aberta que o novo cigarro que tiña nos beizos caeulle sobre o seu peito peludo. Cheirou a chamuscado. Pero deulle igual. Colleu a escopeta. Apuntou. O branco era perfecto. Xusto cando ía apertar o gatillo, aquel bicho enorme mirouno e botou coma lume polos ollos. O Escarranchado, sen pensalo máis, deulle sebo ós pés. Cando chegou á casa díxolle á súa dona que non vira nada, que a xente falaba por falar.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES