Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nova poesía Vilalbesa

jueves, 04 de marzo de 2021
A capital chairega e os concellos de arredor gardan de sempre un grande prestixio literario con nomes que pertencen á selección de grandes da literatura galega. Nomes como Agustín Fernández Paz na narrativa, Xosé Chao Rego no ensaio, o seu irmao Ramón Chao ou Xulio Xiz no xornalismo, Ramón Villares na Historia, Darío Xoán Cabana ou o grande Xosé María Chao Ledo na poesía entre moitos outros, ocupan un lugar preferente nas letras do noso país. Pero A Chaira é sobre todo terra de poetas nos que nomes como Manuel María, Xosé María Díaz Castro, Aquilino Iglesia Alvariño, Xesús Rábade Paredes, Caetano Arias, Avelino Díaz e Chao Ledo ocupan tamén un lugar destacado da poesía galega.

Diante de tan brilante historia literaria, poderíamos pensar que na actualidade, a poesía chairega e en concreto a vilalbesa, está a pasar por unha crise creativa, algo que é lóxico pola falta de perspectiva entre a contemporaneidade e a história, pero non é así. a poesía vilalbesa existe e goza dunha grande saúde hoxe en día.

Tres grandes nomes de poetas vilalbeses residen en Madrid, pero manteñen inquebrantábeis lazos coa súa terra, Rafa Yañez Jato membro do grupo Bilbao, grande dinamizador cultural na capital do estado, e impulsor e subdirector da revista Olga de poesía galega en Madrid con numerosas obras publicadas. O poeta nacido nos Vilares de Díaz Castro e criado en San Xoán de Alba, José André López González, André da Ponte da nova Poesía Guitirica NPG, ensaísta, traductor de diferentes línguas e prolífico poeta de estilo clásico e recuperador da lenda do Apalpador para o Nadal galego, ten editados dous fantásticos poemarios varios en formato dixital ademáis da adaptación da obra completa de Chao Ledo ao galego-portugués. e Miguel Barrera, gañador do certame literario vilalbés de 2019 co fermoso poemario Poema da Rúa das Aves e que conta tamén con varias obras editadas tanto individuais como en espazos colectivos. É membro tamén da NPG.

Hai que destacar tamén a novos poetas que sin ser mesmo nados en Vilalba, é indudábel a súa conexión coa vida cultural da vila como, Daniel Irimia Yañez (Cospeito) ou Ana Mar Fraga da saga dos Rábade.

Nomes como o de María Xosé Lamas (NPG), con abundante obra publicada e numerosos premios ou Pilar Maseda (NPG), con só un poemario publicado polo IESCH e que debera ser reeditado, pero con abundante obra en espazos colectivos, o poeta de Xoibán, Martiño Maseda con abundante obra e premios acadados e Emilia Martínez Fuentes (NPG) coa obra Lendas e Versos, son imprescindíbeis da actual poesía vilalbesa.

Pero hai máis a quen poderíamos chamar "novísima" poesía vilalbesa destacada, como Brais Lamela gañador entre outros do Xuventude Crea ou Noelia Cendán Teijeiro e outra da que agardamos grandes obras nun futuro próximo, Luz Airado Bello, tamén na Nova Poesía Guitirica gañadora do IX premio Díaz Jácome de poesía e que tiña gañado sendo moi nova os prémios Trapero pardo ou o Fernández del Riego.

Estes, e seguramente outros nomes que se me quedan no tinteiro, amosan a vitalidade poética vilalbesa, que para si quixera calquera vila galega, tanto pola cantidade como pola calidade dos e das poetas, polo que Vilalba ten que sentir fachenda e poñer en valor este património que mantén viva a chama poética e literaria da Vila de Alba e que non sempre tivo o recoñecemento e apoio institucional que merecen. Foi até agora o Instituto de Estudos Chairegos IESCH o principal mantedor e impulsor de moitas obras de algúns dos autores nomeados, algo fundamental para poder falar da boa saúde poética de Vilalba. Non son só os certames os que manteñen o pulso literario, son os e as creadores/as, que deben ser os verdadeiros protagonistas da vida cultural dun pobo, e Vilalba tenos en abundancia e de calidade. longa vida á poesía vilalbesa.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania