Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volver a pagar Meirás

miércoles, 03 de marzo de 2021
Dicía don Antonio Machado "En España lo mejor es el pueblo. Siempre ha sido lo mismo. En los trances duros, los señoritos invocan la patria y la venden; el pueblo no la nombra siquiera, pero la compra con su sangre y la salva".

Estas verbas parecen unha especie de sentenza perenne que nos persegue ao longo da historia.

En certa medida as verbas do poeta fóronse camuflando entre os tempos reflectíndose en diversos feitos que as confirman alén das xeracións. Estou seguro de que don Antonio querería que a súa xente do século XXI non se vira no espello destas verbas pero, por desgraza, aquí estamos...

Agora toca volver a pagar Meirás coa mesma sangue que o mercou para agasallo seica por "subscrición popular". Neste tempo os Franco fixeron del un pandeiro.Nas súas estadías gozaron de todos os privilexios e nel agocharon outros espolios como as esculturas do Pórtico da Gloria.

A sentenza ten recurso e polo tanto ogallá xire cara a dignidade. Se non é así, se hai que pagar, paguemos mais que quede constancia para a historia, que ningún caciquiño se poida permitir o luxo de mercalo e que o seu interior conte a verdade; facéndoo accesible ao pobo que mercou co seu sangue.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES