Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Douche os meus ollos/ Acurralado

jueves, 04 de marzo de 2021
Douche os meus ollos
Douche os meus ollos para que vexas ben. Lembrade que moitas veces non sabemos ver. Non sabemos ver máis alá do que nos importa. Tampouco sabemos ver máis alá do atranco, do muro. Porque non temos perspectiva de futuro. Douche os meus ollos para que vexas que os biosbardos están aí por algún motivo; quizais porque se enlean na maraña dos teus pensamentos ou porque deixan de recibir o ritmo dun tema Pingas de Orballo: Douche os meus ollos/ Acurralado musical e non sabes que facer. Ás veces, sen música non sabemos actuar. Douche os meus ollos para que vexas que neles tamén hai desexo. Incluso ata pode haber un desexo lascivo. Pero quen non é malo sabendo de ti. Chegan catro palabras de orballo para alterar a luxuria dun pensamento que viaxa na distancia ata acougar á beira dunha lagoa. Douche os meus ollos para que leas neles. Por veces son suficientes dúas ou tres liñas para saber que polas noites o insomnio faise dono e señor do raciocinio. Quen razoa ante tal situación...
Douche os meus ollos para que mires por eles. E verás a ansiedade que me consume, a alegoría dunha resurrección e o tempo infinito no que o corazón latexa unha e outra vez ata atopar o consolo. Douche os meus ollos para que me vexas aquí, quieto, en silencio, e soñando co estoupido, coa explosión dunha conta atrás que chegará ou non. Douche os meus ollos para que mires ou vexas por min. Sempre hai instantes na vida nos que non sabemos mirar, nos que non nos dá por ver. Ás veces somos toupeiras.

Acurralado
Estou acurralado e non son John Rambo, nin tan sequera me sinto como Sylvester Stallone. Estou acurralado polos pensamentos que me queren facer algunha que outra falcatruada. Non me deixo. Quero ser o heroe da aira do Pombal. Así é que asento Pingas de Orballo: Douche os meus ollos/ Acurraladodebaixo dun canastro para ver se o inimigo pasa sen caer na conta de que ando por alí. Ó mesmo tempo, tampouco deixo que me acurralen os pesadelos. Estes xa se sabe que son horribles. Aínda que hai xente que os confunde cos soños. Que va! Os soños son bonitos, moi bonitos. Os que son fodidos son os pesadelos. Chisco os ollos moitas veces seguidas para que non me venza o sono, para que non se apoderen de min eses pesadelos. Síntome acurralado polo tempo que quere vir. Eu ben sei que coma o pasado non hai. O presente xa non é, pois mentres pensas nel xa se volveu pasado.
Acurralado ando por estes latexos que non me deixan en paz. Nin os do corazón nin os do desexo. Hai moitas cousas que latexan. A vida latexa. O sexo latexa. A nugalla latexa. A carraxe latexa. Os versos latexan. O amor latexa. A felicidade latexa. E cando un está e se sente acurralado, todo latexa. Os nervios son os que máis latexan. Sigo chiscando os ollos moi a miúdo e aperto os puños con forza (con tanta forza que semella que me queren rebentar as veas), para recuar deses medos que se me queren meter dentro. A min!, que son o heroe da aira do Pombal. Con rabia póñome en pé. Agora si me sinto John Rambo e aínda que non teña nada que ver con Sylvester Stallone. Deixo de estar acurralado polos meus medos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES