Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cámaras de comercio intrusas

jueves, 05 de junio de 2008
As Cámaras de Comercio están en crise. Crise que dura desde o momento en que grupos de empresas decidiron asociarse para mellor defender os seus intereses, nacendo así as Asociacións e Federacións de empresarios, que levan un cuarto de século funcionando e conseguindo notoriedade social e empresarial de xeito que son interlocutores plenamente válidos cos poderes políticos, económicos e sociais.

As asociacións de empresarios viven de cuotas voluntarias. As Cámaras de Comercio perviven pola inclusión obrigatoria de empresas, en sistema arcaico que pervive a pesar de todos os avances. E algunha das súas iniciativas chaman a atención, caendo no que as empresas relacionadas coas Tic consideramos intrusismo.

Antes outras cámaras galegas, agora a Cámara de Lugo, ofrecen ás pequenas empresas da súa demarcación a posibilidade de contar con páxina web nunhas determinadas condicións que calquera empresa galega está en condicións de igualar e mellorar, a pesar de que a oferta das Cámaras conta cunha subvención do sesenta por cento do custo da operación.

A oferta escrita da Cámara lucense está apoiada por chamadas telefónicas individuais para reforzar a postura cameral. O que ven agriar aínda máis o tema porque resulta que empresas relacionadas coas Tic reciben as chamadas interesadas da Cámara para ofrecerlles os seus servizos.

Nesto están as Cámaras de Comercio. En tanto, as Asociacións de Empresarios ocúpanse de defender ós seus asociados. ¿A quen lle interesa que as Cámaras sgan funcionando con afiliados obligatorios?. Dito doutro xeito: Diante desta agresión, ¿As Tic deben seguir pertencendo ás Cámaras?.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES