Sobre o Plan de Impulsión da Educación no Concello de Begonte
Colexio Virxe do Corpiño - Begonte - jueves, 25 de febrero de 2021
Para o noso centro, o plan de impulsión da educación do Concello de Begonte supón unha mellora moi importante en varios niveis:
Por un lado a nivel infraestrutural, xa que, cunha inversión de 600.000, as instalacións darán un salto cualitativo notorio. Contaremos cun centro moito máis moderno, mellor dotado e moito máis eficiente a nivel enerxético, o cal aumentará o confort do alumnado e dos profesionais, ademais de reducir os nosos gastos en gasóleo para calefacción nun 50% aproximadamente.
Doutra banda, o feito de contar cun centro cunha matrícula dun centenar de alumnos implicaría unha mellora moi importante a nivel pedagóxico, mellorando, en consonancia, a calidade educativa que recibirán os nenos/as. Aumentará o número de profesorado, desdobraranse os cursos (actualmente hai varios unidos de dous en dous e incluso unha aula de primaria con tres cursos distintos) obtendo como resultado aulas de entre 10 e 15 nenos/as dun mesmo nivel educativo, o cal supón unha ratio óptima para a atención individualizada do alumnado en xeral, e especialmente de aqueles/as que presentan necesidades específicas de apoio educativo, en particular.
Ese aumento de alumnado traerá consigo tamén un aumento dos ingresos correntes do centro, tanto a nivel de funcionamento como para o comedor escolar, o que implica unha maior capacidade para que o centro poida elevar por si mesmo a dotación e a calidade destes servizos.
Ademais, é unha boa oportunidade para aumentar a socialización e a diversidade sociocultural do centro, de recibir e acoller a novas familias do concello, o que favorecerá que xurdan máis e mellores proxectos educativos, creando así unha comunidade educativa máis forte e cohesionada.
Polo Ceip Virxe do Corpiño de Begonte,
Eliseo Real Franco,
Director.

Colexio Virxe do Corpiño - Begonte
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora