Criaturas divinas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de febrero de 2021
Ninguén pon en dúbida que a ciencia avanza moito.
Avanza moito porque ó longo da historia, hai mentes privilexiadas, que medran nun ambiente apropiado e que se entregan á investigación en corpo e alma: son os CIENTÍFICOS.
¿Quen lles dá esa mente privilexiada?
¿Créana eles mesmos ou sencillamente se limitan a exercitala?
Os humanos somos seres tan complexos e tan sabiamente perfectos que só pode crealos a SABEDORÍA INFINITA: Deus.
DEUS É O AUTOR DA VIDA, TANTO PARA OS QUE O RECOÑECEMOS COMO PARA OS QUE O NEGAN OU PARA OS QUE O IGNORAN.
Non faltan persoas que intentan crear vida; pero non son capaces.
Crean artiluxios artificiais que fan CERTAS FUNCIÓNS MOI IMPORTANTES; pero non poden pensar,nin sentir, nin amar, nin ser libres, nin
Fáltalles o ALENTO DE VIDA que só Deus pode dar.
O ser humano é o único creado a imaxe e semellanza de Deus que ten liberdade para elixir.
O normal sería que elixíramos o que máis nos convén;pero a veces eliximos mal e equivocámonos.
O bo de equivocarse é que se experimenta en cabeza propia e que se corrixen algúns fallos.
Somos as criaturas privilexiadas da Creación; pero somos criaturas.
Ser criatura implica ter moitos límites, por eso tropezamos moito
Hai quen di que: "dos fallos tamén se aprende".
De vez en cando, aplícannos un correctivo, porque nos esquecemos de quen somos e do que temos que facer.
As correccións forman parte da vida:corríxennos e favor que nos fan.
Todos preferiríamos que non houbera que correxirnos
A veces ata nos doen moito as correccións; pero debemos agradecelas do mesmo xeito que as
felicitacións porque:
"QUIEN BIEN TE QUIERE, BIEN TE HARÁ LLORAR", dí o refrán.
Máis dunha vez nos correxiron na nosa infancia e ben que nos facían rabear porque non comprendíamos a gravidade dos nosos actos.
Á infancia hai que correxila como se fai cunha árbore que medra torta e se lle aplica unha estaca para que medre dereitiña.
COS HUMANOS "A ESTACA" É A CORRECCIÓN AMOROSA A BASE DE DIÁLOGO E MÁIS DIÁLOGO, TANTO COMO FAGA FALTA.
E se fai falta: "POÑER A PENSAR", tamén.
Os pais, os mestres ou os titores da infancia dedican moito tempo a aconsellar, orientar, dialogar, razoar, poñer a pensar
porque a infancia precisa o asesoramento dos adultos.
PERO OS MAIORES TAMÉN PRECISAMOS CORRECTIVOS PORQUE A NOSA NATUREZA É IMPERFECTA.
Precisamos orientación para a nosa formación de xeito que cada día poidamos confiar máis en nós mesmos.
Que poidamos confiar en nós mesmos para poder organizar da manera máis acertada a nosa vida persoal e social.
Cómpre aprender moitas cousas, ademáis de instrucción e cultura xeral que se aprende nas escolas e nas universidades.
DEBERÍAMOS APRENDER:
-Que somos imperfectos, e polo tanto temos que aceptar as nosas imperfeccións; as nosas e máis as dos outros para poder convivir.
-Que a vida mesma é imperfecta e moitas veces é inxusta.
-Que todo está cambiando constantemente e temos que adaptarnos ós cambios.
-Que temos que evitar os sufrimentos innecesarios:
O que poidamos cambiar, cambiarémolo e o que non, hai que asumilo e aceptalo como e cando corresponda.
-Que temos que ver o lado positivo da vida para confiar e perseverar que todo irá ben aínda que non o vexamosmoi claro. DIN QUE DEUS ESCRIBE DEREITO EN RENGLÓNS TORCIDOS
Con tódalas imperfeccións e con tódalas limitacións, seguimos sendo criaturas divinas e por eso merecemos ser tratadas como tales.
"RATO HUMANO"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora