Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: O mellor dos tempos / Manipulador de incautos

martes, 02 de marzo de 2021
O mellor dos tempos é aquel de cando conseguín traspasar o universo e alcanzar o infinito e máis alá. Aínda non o alcancei, porque está moito máis alá. O mellor dos tempos adóitase dicir que é a infancia. Para o espírito maligno más seguro que sexa o averno, é dicir, o inferno. Porque o espírito maligno nunca se deixou levar polos ronseis Pingas de Orballo: O mellor dos tempos / Manipulador de incautosque deixan os avións no ceo. O mellor dos tempos é aquel de cando o corazón che rebentou de amor; ou ben porque te quixeron ou ben porque te abandonaron, que de todo hai na horta do señor. O amor é bonito, pero que te ignoren por amor é como unha crucifixión.
O mellor dos tempos foi aquel no que goldrei polo río Arnoia para cruzar ó monte de Pinouzos e logo xogar durante toda unha tarde co meu can Uriarte. Incluso foi aquel no que me tirei oito anos seguidos estudando ou facendo que estudaba ante os curas no colexio dos Milagres. Foi aquel tempo que durou nove anos, un mes e quince días na capital do Imperio baixo unhas amizades nas que non había segredos nin desconfianzas. O mellor dos tempos foi unha pertenza a Galicia tal que nin nesa capital do Imperio foi quen de facerma recuar. Foi un amor á terra que aínda hoxe se desborda polos catro costados da miña existencia.
O mellor dos tempos é o que estou a vivir entre páxinas en branco que, ós cachos ou pouco a pouco, vou enchendo coa experiencia que dá o paso do tempo. Ás veces deixo caer pingas de orballo e de cando en cando recunchos hebdomadarios. O mellor dos tempos é o que se vive ó momento. Nada máis.

Manipulador de incautos
Non me convencen. A min as milagres de Xesucristo non me convencen moito. Non hai dereito, non vexo ben que resucitase tan só a Lázaro. Como quedarían as outras familias con mortes nos seus fogares? Por que a eses non os resucitou. Con este detalle dáme a impresión de que o melenas foi o primeiro cacique sobre a terra. Aí houbo enchufismo! Ninguén mo pode negar. Por que Lázaro si e os demais non?
Pingas de Orballo: O mellor dos tempos / Manipulador de incautos Tampouco me cadra o de poñer a outro meixela. A quen se lle ocorre recomendar iso. Nin el mesmo cumpriu co se dito, cando expulsou ós mercadores do templo cun látego de varias cordas. Cun látego! O noso señor Xesucristo! Si, moita labia, pero á hora da verdade, dálle que dálle. Ademais, quen é o chulo que despois dunhas labazadas se atreve a seguir en plan masoquista: dáme máis, dáme máis. Veña, Cristo, que no século XXI non somos parvos. O mesmiño que o da transubstanciación, converter o seu corpo en pan e o seu sangue en viño. Onde se viu outra! Como multiplicar os pans e os peixes. E o panadeiro de Cartelle, que, ó paro? Hai que ter un pouquiño de cabeciña. Ó mellor pensaba que eramos uns paspáns e que o creriamos todo.
Andar sobre as augas. Mira que non crucei eu o Arnoia, á altura da Pitediña, cando ía coas vacas para o monte de Pinouzos e como non me arremangase ata os xeonllos, poríame coma un divino Cristo. Ata cheguei a rezar, a ver se andaba sobre elas. Que va. É normal que non me convenzan entón as súas milagres. O tipiño era un manipulador de incautos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES