Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A filla de Jairo

miércoles, 04 de junio de 2008
Cafarnaúm, ano de Cristo:
“Mais él, colléndoa da man, clamou, dicindo: rapaza, érguete. Daquela, o seu espírito voltou e ergueu: e él mandou que lle desen de comer. E os seus pais estaban estantíos, sobrecollidos, abraiados; él ordeoulles que á ninguén dixesen o que acontecera”.
¿Parábola ou milagre?
Non importa se estaba viva a filla de Jairo, se tiña alentos prostremos ou ía ás ultimas. A historia é fermosa.
Lugo, 2008, próximo futuro perfecto:
Lucus, cidade antiga, xermolo da historia de Galicia, está nos bos pasos. Todo o dito e prometido vai ser realidade.
Eu teño fe, unha fe irracional; unha fe case mística dende hai máis de dez anos.
Por iso estou convencido de que no Concello de Lugo vaise producir un cambio extraordinario: a cidade deixará de medrar ao longo coma un lagarto adurmiñado ó sol, terá unha segunda ponte nova (a “Ponte dos Anceios”), un auditorio, unhas comunicaciós axeitadas, o AVE, unha solución para Rozas, saneamento rural, etc...
Porque, él, cansou e nunha mañá florecida, filosófica e chea de lucensismo, apretou o caravel vermello, colleu o lóstrego da palabra e das razóns, petou sobre da mesa, ergueu a voz, revolveu Madrid con Santiago, deixou de contemporizar, e todo quedou realizado coma un milagre.
E daquela, él, foi e dixo: Aquí está todo, aquí vos queda.
E despois marchou coa satisfacción de quen cumpriu con case todo o prometido. E multitudes incontables de Rivas do Miño, Carballido, Coeo, Pías, Torible, Santalla de Bóveda do Mera, Ombreiro e dende os arrabeldes da cidade, confluíron na Praza Grande da urbe, todos con ramallos de loureiros e con rosas de abril e de maio en louva ó home.
Dende o aeroporto de Rozas, Lugo comezou a situarse en España.
E, coma unha chuvia miúda, todo o mundo virá a Lugo, voando.
Producirase relevo na embaixada do Vaticano.
Fidere: confiar; ter fe nas revelacións divinas e na palabra humana.
Cada vez que o penso brillanme os ollos.
Rabindranath Tagore, escribiu:
“A fe engana ós homes, pero dá brillo á mirada”.

Aí vén o maio
cantándolle ó home.
Aí vén o maio,
do adorno florido.
Aí vén o maio,
de Rivas do Miño.
Aí vén o maio,
das rúas maiores.
Aí vén o maio,
co maio das flores.

Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES