Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xa non podemos calar

miércoles, 24 de febrero de 2021
Xa non podemos calar é un fermoso disco de Saraibas onde se reivindican e denuncian moitos dos males endémicos do país.

A tristura é ver que este disco non está superado pola actualidade senón que podería ser publicado hoxe en día e non resultaría trasnoitado. De novo, non podemos calar ante inxustizas como o feito de ter que entrar en prisión por cantar. Non me estou a referir soamente ao caso concreto de Hassel do que, por unha parte, non sei todos os feitos exactos e, pola outra, coido que quenes o defenden están a perder toda razón nunha violencia extrema inadmisible que ten comovítima ao pobo que din defender. Eurefírome ao custo que ten neste país a liberdade de expresión e a mala costume que estamos a coller de ofendernos á primeira de cambio e denunciar.

Estamos a vivir unha etapa moi convulsa na que as institucións erguidas baixo o paraugas da exemplaridade apodrecen de corrupción. Sabemos que é así porque se fora menos obvio xa terían estendido o seu aparato de defensa nos medios para contrarrestar o naufraxio no que, queiran ou non, están inmersos. Ante esta situación, un comprende as voces que claman democracia e volvendo os ollos cara á historia máis próxima, asume o compromiso de erguerse firme por unha canción, por todas as cancións, por todos os que cantan, por todos os que construíron liberdade e nunca llo recoñeceron, porque vivimos nun país de agradecementos eternos e de eternos esquecementos. Pois nin poden poñerlle coto á memoria, nin as débedas son de por vida. Por iso: "xa non podemos calar mentres nos teñan na noite e haberá quen nos escoite e queira con nós cantar".
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES