Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Comenza a redacción comunal do N°2 da revista NPG-GAZETA e nova entrega do programa de novidades #DoTrinque

lunes, 22 de febrero de 2021
A revista das Agrupacións Poéticas de Base NPG-GAZETA impulsada pola Nova Poesia Guitirica NPG comenza o prazo de colaboracións para un número que incorpora diversas Comenza a redacción comunal do N°2 da revista NPG-GAZETA e nova entrega do programa de novidades #DoTrinquenovidades como entrevistas, as colaboracións poéticas e unha sección de recomendacións á que chamamos "poesía de fresco" na que cada poeta participante recomenda un poemario. Pero a principal novidade é que será editada para a súa venda e distribución en librarías, coa correspondente venda tamén a través de internet en diferentes plataformas.

A revista sairá á luz no mes de xunio e será presentada no I Festival de Poesía Guitirica, previsto so o COVID o permite para os días 12 e 13 do mes de xuño.

Sen dúbida un paso máis na consolidación das agupacións poéticas de base, que forman parte do consello de redacción representando aos seguintes colectivos: In Nave Cívitas colectivo Urbano Lugrís da Coruña, Nómades do Verso colectivo Antón Borrazás da Coruña, Irmandade poético-artística Luso-Galaica de Chantada, Colectivo poético Moraima de Ferrolterra e agrupación poética Versos de Area de Ponteareas, que conxuntamente coa NPG Nova Poesia Guitirica son as responsábles deste proxecto que ten en Moncho Bouzas, Pilar Maseda e Xelo Teijido a comisión executiva da revista.

As bases de participación pódense consultar na web da NPG (www.npggazeta.gal) ou no seguinte enlace:
http://npggazeta.gal/index.php/somos

Máis info: Pilar Maseda ‏‪(+34 617 56 27 71)‬‏


#DOTRINQUE
Este sábado día 27 de febreiro será a cuarta entrega do programa de novidades literarias coa presentación AO VIVO polo facebook da Nova Poesia Guitirica NPG. Será Carlos da Aira co seu poemario A GUERRA ERA CONTRA NÓS, gañador do VIII Premio de Poesía Manuel Lueiro Rey. Carlos da Aira tamén gañador do festival aRi[t]mar galego-portugués de arte e letras 2020 e é o creador e principal impulsor do festival de poesía POEMAGOSTO de Allariz.
Comenza a redacción comunal do N°2 da revista NPG-GAZETA e nova entrega do programa de novidades #DoTrinque
Nas tres presentacións anteriores superaronse as 5.000 visualizacións dos videos.
Nos sábados do mes de marzo ás 20:00 horas continuarán as prese tacións EN LIÑA con Os rostros do Frío de Xulio Pardo de Neyra (día 6), Abril de Luz Darriba (día 13), Bambán de vento de Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro (día 20) e Non estamos preparados para medrar de Teresa Ríos (día 27).

Contacto de Carlos da Aira: +34626033867
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES