Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Galicia de Touriño

miércoles, 04 de junio de 2008
O presidente da Xunta definiu moi claramente o que é a Galicia de hoxe durante unha xuntanza multitudinaria que celebrou en Bos Aires durante a súa última viaxe oficial. Cóidase que eran cinco mil os galegos emigrantes na Arxentina que escoitaron ó Presidente galego definir o noso país sinalando que dicir Galicia é dicir “paz, democracia, construcción naval, motor e automoción”.

Seguro que para moitos dos presentes as palabras de Touriño soaban extrañas, novas, diferentes. Porque a Galicia da que o Presidente falaba non coincide para nada coa que deixaron hai moitos anos.

A Galicia daquel tempo da emigración era unha Galicia especialmente rural, pobre, productora de man de obra barata para un mundo en crecemento onde se falaba un idioma coñecido polo que tiña unha similitude casi perfecta coa terra de partida. Deixaron Galicia e formaron milleiros de Galicias novas nos lugares ós que chegaron. E pasaron os anos, comezando un novo século. E nesto, chegou Touriño.

Ten razón o Presidente en definir este país con cinco palabras, dúas para referirse ós mecanismos de funcionamento e tres para resumir o noso labor colectivo. Quizais adrede Touriño esqueceu mencionar agricultura e gandeiría para centralo en tres sectores emerxentes que proporcionan milleiros de postos de traballo, colocan ó país en Europa, e convírteno en avanzada industrial entre as autonomías hispanas.

A Galicia de Touriño é un pouco máis complexa do que a definiu o Presidente, porque habería que falar dos sectores primarios, do envellecemento da poboación, das novas tecnoloxías, da carne e do peixe, e de moitas outras cousas. Pero non está nada mal o resume diante de xentes que precisan coñecer a nova Galicia que estamos facendo.

A Galicia de Touriño é a nosa. Asomémonos a ela para comprobalo. Porque está arredor de nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES