Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aquel fatídico 27 de xaneiro

martes, 23 de febrero de 2021
O pasado 27 de xaneiro cumpriuse o 83 aniversario dunha matanza inútil no castelo de San Felipe. Refírome ao ignominioso asasinato de Amada García, unha mugardesa nai dunha meniña e dun bebé que llelo quitaron dos seus brazos para poñela diante dun pelotón de fusilamento xunto a outros sete compañeiros de infortunio nunha xélida mañanciña do recen estreado ano de 1938. Naquel intre, cando as autoridades, incluídas as espirituais decidían que a vida de certas persoas carecía de valor, nada era tan natural como matar e entón púñanse á faena sabendo que por iso non ían ter represalias. Aqueles que non mataban directamente denunciaban ou animaban aos asasinos a que o fixeran.
Aquel fatídico 27 de xaneiro
Custa asimilar o feito de que hoxe haxa xente que se non o xustifica abertamente proclame aquilo de: ¡hai que deixar en paz aos mortos! Curiosa recomendación dado que os mortos xa están en paz precisamente porque están mortos: non hai un lugar no que se represente mellor a paz que nos cemiterios onde algúns dos seus residentes son os mortos que formaron parte da estratexia do terror, outros aínda andan desaparecidos sen que os seus descendentes poidan honralos como desexarían.

Amada García foi unha máis do aproximadamente centenar de vítimas provocadas en Mugardos polos degoiros de sangue que algúns levaban dentro, pero ela converteuse na icona dos represaliados quizais polas circunstancias que rodearon a súa inmolación o mesmo que cento sete anos antes acontecía coa granadina Mariana Pineda agarrotada na súa cidade á mesma idade que Amada García. Aquela pola súa ideoloxía ao abeiro do partido comunista (simplemente por iso) e esta acusada de liberal polo absolutismo do nefasto Fernando VII.

Cando un fai alusión a un recordatorio así sempre hai alguén que aparece poñendo mortos na balanza do outro lado. Efectivamente hóuboos, tamén demasiados, pero baseándonos na obxectividade que sempre debe prevalecer cando se analizan estes temas hai que chegar a unha conclusión: non hai equidistancia, ningunha comparación posible.

Na miña vila, como noutros sitios, os caídos por Deus e por España foron recordados perante décadas co monumento da "Cruz dos Caídos", aos outros que deron a súa vida por defender a legalidade vixente tratáronos como alimañas e arestora algúns recomendan que é mellor non falar deles, deixalos en paz. Os que así din se ve que aínda non están en paz coa súa conciencia nin tampouco co seu Deus bondadoso no que din crer. Coidadiño.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES