Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: As amizades perigosas

jueves, 18 de febrero de 2021
As amizades perigosas poden ser aquelas nas que non confías. Podes ser amigo dunha anduriña pero non dunha pega, por exemplo. A pega ten o seu aquel que bota un pouco para atrás. Claro que moito peor é o corvo. A verdade é que non son amigo dos paxaros (con todo o que me gustan), porque non confían en min. Ó mellor son eu o Pingas de Orballo: As amizades perigosasperigoso. Ás amizades perigosas non se lles pode quitar o ollo. Nun santiamén xa te mataron; o santi para coller a arma e o amén para o requiescat in pace. Tampouco quero dicir que teña amigos que anden a tiro limpo ou que teñan os faiados cheos de armamento. Como eu son pacífico xa procuro non xuntarme cos insurrectos.
As amizades perigosas poden ser aquelas ás que lles temes moito. E cando son perigosas é bo temerlles. Porque nunca sabes por onde che van lanzar o tiro. Vaia, pois si que o asunto dos tiros anda a rondar polo relato. Será porque cos tiros adoitan ir desgrazas; ata mortes incluso. Mellor é buscar a eses amigos que sentan arredor dun palleiro, que dan parola e que nunha apurada che botan unha man. Si, coidadiño, hainos que a botan ó pescozo. Pero eses quedamos en que eran amizades perigosas, non si? Ás veces eu mesmo son un perigo razoando. Serei eu unha amizade perigosa?
Son as tres e media da tarde, a tarde está bonita e apta para saír á rúa, a dar un paseo para axexar ou avistar o horizonte, ou sexa, a mirar de esguello a aqueles que pensas que son amigos pero que, na realidade, se volven perigosos. Hai amizades perigosas ás que non se pode achegar un. Mellor, entón, andar só.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES