Autorresponsabilidade
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 18 de febrero de 2021
Nos mundos que corremos somos moi dados a xulgar a responsabilidade dos outros.
Porque:
-É moi doado botalle a culpa ó outro; pensando que é o culpable; cando a realidade dinos que ninguén está libre de culpa.
Non se trata de botarlle a culpa a ninguén, nin de xulgar porque cadaquén tén abondo coa súa tarefa e aínda non a dá feito.
TODOS TEMOS MOITA FALTA DE:
A-U-TO-R-R-E-S-P-O-N-S-A-B-I-L-I-Z-Á-R-M-O- N-O-S.
Todos precisamos comprometernos moralmente coas nosas obrigas morais.
Todos precisamos comprometernos legalmente coas nosas obrigas legais.
Facémolo en maior ou menor medida; pero non tan ben como deberíamos.
Que moitos fallamos, vémolo claramente no que está pasando con relacción a boa parte dos contaxios do coronavirus producidos por irresponsabilides que podían evitarse.
E OS QUE MÁIS FALLAMOS SOMOS OS ADULTOS.
¿Por qué será?
FALTA UNHA EDUCACIÓN EN RESPONSABILIDADE.
¿Qué exemplo dámos no fogar?
As criaturas fan o que nós facemos, non o que nós lles dicimos.
¿QUÉ FACEMOS?
-Boa parte da infancia vai medrando en fogares onde hai moi poucos valores relixiosos e morais, nin outros valores.
-Botamos a Deus das nosas casas porque eso era cousa do pasado; e a formación relixiosa e moral dicimos que está pasada de moda.
¿E QUE PUXEMOS NO SEU LUGAR?
-Enchémo-la vida de cousas perecedeiras que de ningunha maneira sacian as nosas ansias de felicidade nin educan na responsabilidade.
Ó contrario: escravizámonos conseguindo máis e máis e cada vez, embotamos máis a mente e apegámonos á materia, mentres sentimos a alma máis baleira cada día.
CREAMOS OS NOSOS PROPIOS ÍDOLOS E INCULCÁMOLOS Á INFANCIA: HEDONISMO, MATERIALISMO, CONSUMISMO...
-HEDONISMO PURO E DURO: buscamos o pracer ó prezo que sexa.
De sacrificio e loita: nin falar.
Como se non houbera que renunciar a moitos praceres para conseguir cousas mellores.
Como se non houbera que gañar o pan co propio suor.
-MATERIALISMO POR ENCIMA DE TODO:
-Tanto tes, tanto vales en lugar de: CANTO MELLOR PERSOA SEXAS E CANTA MÁIS FORMACIÓN TEÑAS, MÁIS VALES.
-Competir para ter máis que ninguén en lugar de: SER FELIZ CO QUE HONRADAMENTE POIDAS CONSEGUIR
- Presume do que tés AÍNDA QUE O ADQUIRAS A COSTA DOUTROS
-CONSUMISMO: consumir por consumir porque: A AVARICIA É MOITA E A XENEROSIDADE, MOI POUCA.
ESTE RITMO DE VIDA DERRÚMBASE CANDO AS COUSAS VEÑEN MAL DADAS.
Temos que recuperar os valores cristianos da vella Europa: correxir erros, si; pero tirar con todo non, porque:
DEUS NON TEN POR QUE ESTORBAR NA VIDA DE NINGUÉN:
-É O QUE GRABA A SÚA LEI DE AMOR NOS NOSOS CORAZÓNS.
-É O QUE NOS SOTÉN ANTE A ADVERSIDADE.
-É A NOSA FORTALEZA.
-E O NOSO REFUXIO.
¿A quen acudiremos, cando ninguén nos fai caso?
-É QUEN NOS EDUCA NA RESPONSABILIDADE, porque somos criaturas divinas.
CRIATURAS DIVINAS
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora