Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estado de Dereito

martes, 03 de junio de 2008
Pasar a fin de semana fóra de Lugo fai que ata o domingo á noite non me entere da maioría das novas de actualidade. O mesmo sucede con chamadas e mensaxes que chegan co retraso derivado dunha case inexistente cobertura telefónica. Ó volver, a radio do coche encárgase de poñerme ó tanto das novas que non rebasaron as barreiras que sen pretendelo me rodean.

Unha destas novas foi a da bomba que Eta colocou, afortunadamente sen víctimas, nun punto do que eles consideran o seu territorio natural, feito sobre o que afirmou o secretario xeral do partido do goberno en intervención que valía hai un mes, vale agora e valerá para a próxima, que os terroristas non teñen nada que facer e que nada pode co Estado de Dereito.

Cada vez que hai unha bomba, escoitamos palabras baleiras. Sempre o manido estado de dereito, sempre a derrota do mal. E o mal a volver a manifestarse, para dar lugar a que de novo se diga o mesmo de sempre.

Non sei cal é a solución ó conflicto, pero ten que habela. Non podemos estar sempre laiando o último morto, condecorando cadáveres, asegurando que imos gañar, que os terroristas sufrirán o merecido castigo.

Dos nosos gobernantes debemos agardar algo máis ca palabras. Palabras bonitas sabemos dicilas todos os que falamos ou escribimos. Pero nós non concorremos a unhas eleccións para dar solucións ós problemas dun país. Con votar, cumprimos.

O domingo, déronme a tarde. A ver se lle botan algo máis de imaxinación na próxima bomba.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania