Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A estupidez

martes, 16 de febrero de 2021
Foi Voltaire quen dixo: "a estupidez é unha enfermidade extraordinaria, non é o enfermo o que sufre por ela senón os demais": unha verdade coma a copa dun pino, porque é certo que o estúpido non se da conta que o é e vai coa súa estupidez pola vida como se tal cousa. Si se dese conta, se o soubese, o mesmo poñería da súa parte para corrixirse pero, ¡nada! polo contrario algúns estúpidos adéstranse e conseguen afianzar a súa condición de imbéciles.

O historiador e economista Carlo María Cipolla do que xa lles teño falado nalgunha ocasión, escribiu un tratado moi curioso sobre a estupidez. El afirma que o estúpido nace o mesmo que se nace cunha cor de ollos determinada, que hai estúpidos en todos os niveis sociais e que polo xeral soemos subestimar o número deles postos en circulación. Unha das caracteríticas do estúpido é que causa dano a outros sen obter ganancia persoal algunha no proceso e moitas veces incluso consegue provocarse dano a si mesmo poñéndose en evidencia. En resumo, un estúpido é un tipo perigoso sobre todo cando á imbecilidade vai unida unha ignorancia supina. Estupidez + ignorancia = mestura explosiva.

Ven isto a conto porque hai estúpidos que usan a rede social para insultar. Este é un recurso cando faltan argumentos para a discrepancia. Un estúpido insulta co gallo de ofender pero non sabe que non ofende o que quere senón quen pode e os parvos non poden. Hai estúpidos anónimos e outros que dan a cara pero non sabería dicir cal deles é o máis bobo, aquel un covarde e este un idiota nomeado: tordas a fin de contas.

Expor o teu parecer en público ten riscos que son perfectamente asumibles sempre que a suposta controversia transcorra polos lindes da educación, premisa imprescindible para entrar na contraposición de ideas. Como o estúpido non ten conciencia de selo, tampouco sabe doutras carencias e que os desacordos non se resolven insultando. Por exemplo, nun blog, twiter ou Facebook pódese facer referencia a episodios puntuais relacionados coa Guerra Civil e as consecuencias posteriores daquel desastre que poden provocar certa urticaria nos que defenden sen ambaxes aquela atrocidade e saen por "peteneras" a defendela, vale, pero ¡sen insultar eh! Atopar equidistancias entre os sucesos resulta necesario e o que é obvio non ten discusión. Recorrer ao insulto é propio dos idiotas e só a ignorancia do necio pode dar pe a unha supina baballada como insultar para negar o evidente. Coidémonos pois dos estúpidos.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania