Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sen vía de escape

miércoles, 17 de febrero de 2021
Son as tres e cinco da tarde e estou encerrado entre catro paredes de cor branca. Atópome sen vía de escape para alcanzar a liberdade. Non hai ventás, non hai portas, tan só unha lumieira pola que entra a luz do sol polo día e a luz da lúa e das estrelas pola noite. Dáme que estou prisioneiro incluso dos meus soños. Porque por moito que quero soñar esperto non alcanzo a ver máis alá desa brancura que me cega os ollos. Sen vía de escape para alcanzar o que queira. Así é que me poño a berrar.
Pingas de Orballo: Sen vía de escape Berro pola distancia que vai desde este cuarto ata un corazón que bombea sentimentos desde un balcón colgado no espazo e no tempo. Berro para que rachen esas cadeas que non teño pero que me minguan a liberdade. Berro polo que fun e polo que son. Non podo berrar polo que serei porque estou sen vía de escape para un futuro que non coñezo. Claro que, quen coñece o futuro?
Arrecúnchome, engrúñome no recanto máis afastado do cuarto e cuspo sobre as catro paredes que me atenazan, que me torturan, que me angustian. Deixo escapar un salaio e volvo berrar de impotencia. Berro aínda que sei xa que ninguén me vai oír. Pero é igual. Berro con forza. Berro cun berro seco. Berro cun berro esgazado. Berro por ese verso que se bambea porque non consegue acoplarse ó poema. Canso de berrar quedo en silencio e asimilo, con carraxe, iso si, que estou sen unha vía de escape para optar ós confíns do universo. En principio, vou voar sobre as ás dunha rula ou agarrado ó mastro da Perla Negra.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES