Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sésamo, ábrete!

Xiz, Xulio - lunes, 15 de febrero de 2021
Coido que xa terei falado da serie de Tv "La tierra sin nosotros", lección vital para evidenciar que os humanos estamos de paso na terra; que non só non somos imprescindibles senón que somos case unha plaga para Gaia, sendo a terra un ser vivo; que nós non vivimos sen a terra, e a terra vive mellor sen nós.

A serie mostra o que ocorrería na terra se faltasen os humanos, desde o primeiro día, un ano, dez ou cen anos despois, para evidenciar que nada quedaría do paso dos seres humanos.

Estes días, andando por Lugo, pódese pensar que os humanos abandonamos a terra, que Lugo é unha cidade sen xente, porque os lucenses pechámonos na casa, cada día máis, de xeito que a cidade parece baleira e non só cando temos que pecharnos, senon durante o dia que poderiamos movernos libremente.

Nas pasadas fins de semana, pola tardiña, cando Lugo está case deserto, o Paseo do Rato e as beiras do Miño, por contraste, énchense de persoas, de familias, de ciclistas… como para poñer en valor a primacía do rural sobre o urbano, para evidenciar a vantaxe destes magníficos pulmóns no que, aínda con mascariñas, podemos gozar dun xeito de liberdade controlada que sempre senta ben.

Este absoluto peche que nos forza a renunciar ao primeiro dereito e deber dos humanos, que é relacionarse cos seus iguais, utilízase como o primeiro elemento de loita contra o virus. E hai que seguir, ainda que só sexa para comprobar se hai máis camiños, ou alomenos que non é o único camiño para manternos a salvo do perigo que nos abafa.

Fálase de canseira, cando levamos un ano de loita contra a pandemia, un ano roubado á nosa vida, que nos volveu tristes, nos aillou e nos empobreceu económica e socialmente sin ningunha contrapartida. Todos vivimos un tempo escuro, que dulcificamos coas conexións aos medios de comunicación, o traballo a distancia, ou o medieval xeito de acobillarnos nun castelo por ser a mellor defensa contra os ataques do exterior.

O mundo, sen nós, vivirá. Nós, sen o mundo exterior estamos tristes, pechados e, aínda rodeados de xente amiga, máis sós. E todos agardando unha voz superior que, nalgún momento, nos diga “Sésamo, ábrete”, para poder volver a vivir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES