Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E... alá van duascentas mandas para Isaac! (II)

lunes, 15 de febrero de 2021
E... al van duascentas mandas para Isaac! (II) Acuden ao chamado de Alento Esbravexo, as mandas colectivas:

A da Asociación Terras de Outes coas palabras de Ramón Blanco e o debuxo de Xoán Mariño. Fernando Rodríguez e Bandín entregan un Isaac coa nave espacial sobrevoándoo. A Asociación Galega de Educación para a Saúde fala do valor dos encontros para a saúde, arredor dunhas fermosas louzas que facilitan unha charla tranquila, xusto o que facemos arredor das vaixelas de Sargadelos. A Plataforma Veciñal Galeras envía unha manda na que recoller os petiscos que, para Isaac, realizaron os establecementos da zona arredor da data de aniversario. Elena R. Vieito e Fermín, unha ao texto e outro á fotografía, traen un arado cos seus nomes e o recordo de como chegou á casa.

O Ateneo Ferrolán fala da súa xenerosidade, de como unha figura foi creada e realizada en cerámica por Sargadelos dun xeito gratuíto para entregar ao premiados dun certame. César Cequeliños e Jorge Campos, o primeiro no texto e o segundo no retrato orlado coas cores e deseños da casa, en homenaxe ao gran promotor da industria cultural. O concello de Cuntis lembra cando IDP ganou o VII Premio "Roberto Blanco Torres" de Xornalismo. MP1-Grupo de Investigación de Medicina e Saúde Pública, envía unha fotografía e un texto que comeza “Arxila creada para recoller líquido”. Dolores Rodríguez Pazo lembra “ao pequeno gran home” ao lado da foto de Víctor Mejuto, na que a súa humildade aínda é máis evidente.

O trío Cimadevila, Lobato e Losada que nos traen unha anécdota rianxeira do día no que o concello o nomeou fillo adoptivo. O profesor Domingo Campos relata a entrega do premio Leixaprén do equipos de normalización lingüística da zona do Barbanza e Muros a Díaz Pardo. A de Alento Esbravexo para aledarse polo premio de Sara Plaza e doerse da despedida de Julio Montes, porque xa somos familia.

Pola escultura:

Francisco Pazos que nos trae unha cunca en pedra, cosida, para que podan acougar os zumes. O canteiro escultor Xosé Cao que tamén bebe nas fontes do románico. O ferreiro da patria Che Tembra fai pezas baseándose nas de Isaac porque para construír a nación todos facemos falta, di. O escultor da memoria Xosé Val denunciando aos traidores. Alfonso Rivero de Aguilar achega unha maternidade en pedra, cun mundo de cousas na cabeza. José Gómez de Bernardo co azul cobalto derramado nas súas pedras.

Pola pintura:

Belén Rodríguez Pazo que pinta a Mimina en azul cobalto. O pintor Alfonso Costa remite Espertar das formas, un acrílico sobre táboa cos ollos, os círculos e o azul. O home dos Monicreques, Kukas, envía unha pintura e uns versos que nos levan a outra derrote, a do chapapote. O ilustrador Xosé Cobas que achega unha imaxe co “As engurras do papel son as marcas que deixa o tempo nunha vida longa e de traballo como foi a de Díaz Pardo”. Xoán Cerviño presenta un abstracto co cromatismo das pezas de Sargadelos. Isabel Pintado entrega o libro de Isaac, tal como as súas galerías con cerámica e papel.

O fotógrafo Vicente Ansola homenaxéao cunha instalación; dúas figuras de Sargadelos: o fotógrafo e a parella lendo, a primeira recolle a imaxe da segunda nun andel de libraría. O tatuadorJavierRivas que nos envía un vídeo no que pinta en directo un retrato de Isaac que non vemos ata o final, cando lle dá a volta.

Eduardo P. Baamonde que elabora un retrato á acuarela do homenaxeado.

Manolo Busto presenta”Bruar” para que se escoite ao lonxe como tamén latexa por todas as partes o legado de Isaac Díaz Pardo. Manuel Fragoso cunhas ilustración cos aliens na cidade que soñaba co ceo. María Rey Torrente unha imaxe co paxaro peixe nas cabezas da xente do mar. Carmen Ares pinta o mundo de Isaac co faro que el era para nós. Gerardo Rodríguez Ramos presenta unha peza na que recicla pezas de Sargadelos.

J. Méndez ou Pitelos que envía o "trampantojo" libraría Isaac. Nolo Suárez homenaxéao, no seu estilo particular, presentando varias das facetas deste home poliédrico. O creativo Vicente Ruíz Soldevilla con oito expresivas caras e un texto no que o define como guerrilleiro da cultura. Álex Vázquez - Palacios tráenos un retrato de Isaac en lapis acuarelado. Bruno López achega unha imaxe dixital de IDP a quen define como patrimonio da Galiza. María Pousa cunha fotocomposición na que acoller eses mundos de Isaac.

Nas varias artes, artes varias...

A polaca Monika Molenda que vén do campo da medallística para colocar a cafeteira sobre unha cabeza feminina. Isabel Somoza sementando un niños de cera entre espiñas.
Valentina Todanes cuns pratos e un baixorreleve inspirados no mundo de Isaac.
O colaxe dixital de Susana Bermejo.O cartel cun autorretrato do autor sobre a culler da queimada sargadeliana co acróstico de IDP. O deseñador e esbravexo, Martiño Picallo, fai evolucionar a árbore do Seminario de Estudos para mostrar os tempos. Pepe de Benedita fotografa un prato do Castro cos nomes dos lugares do Son e co fondo do Castro de Baroña. Loxo Seixas introduce as raíces no corpo de Isaac, tal como foi sempre... Loli Suárez presenta unha instalación con louza e expresa o desexo de tomar un café con Isaac.

Enma Pedreira entrega techocolatecafé, un colaxe cun poema de Luz Pozo a Seoane. Patricia González Iglesias vén dende o textil cun tapabicos e unha camiseta coas cores, os deseños e imaxe de Isaac para levar tocando pel. Na cerámica Mónica Montero que fixo unha fornada pensando en Isaac. O ceramista Fernando Porto coa cabra alada que leva as grafías do país. Elena Ferro faille uns zocos a Isaac, nun deles vai a imaxe de Balbino descalzo coas vacas, nunha e outra os ollos abertos de todas as figuras del, os mesmos ollos con que el nos miraba.
Ollos para mirar as obras plásticas e visuais, ollos para ler os textos, ollos para andar pola vida espertos e espertas, para facerlle fronte á inxustiza e dicir alto e claro, unha vez máis, que Sargadelos é Díaz Castro ou non é. Ollos abertos para que saiban, que non podemos esquecer que un día, houbo alguén que creu no país e o demostrou. Por el, seguiremos publicando mandas!
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES