Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un ensino socioafectivo

miércoles, 17 de febrero de 2021
Non sei, non sei de onde veu pero o xoves pasado atopei un fermoso vídeo de Tiktok onde nenos moi pequenos aprenden (na súa aula) a ceder o asento no bus a persoas en situación de vulnerabilidade: diversidade funcional, gravidez e imaxino que seguiría a dinámica con outro tipo de situacións que requiren da empatía da cidadanía.

Sempre pensei que era imprescindible un ensino vivencial no que cada persoa sentira nela mesma aquilo que se quere transmitir. Neste sentido hei de confesar que me sorprendeu, cando cheguei ao desenvolvemento persoal, o potencial da visualización na aprendizaxe. Entón descubrín unha falta que eu tiña e, humildemente, tratei de incorporalo aos meus contidos como docente.

Se a visualización é unha ferramenta fundamental, a empatía é a pedra angular dun sistema educativo que xesta a cidadanía do futuro. Polo tanto, que tipo de cidadanía queremos? Que espazo lle vamos deixar a solidariedade? Canto espazo lle vamos ceder ao individualismo? Pode existir profesionalidade sen empatía?

Pensémolo, porque se a empatía ocupara o centro da educación, se cadra teríamos nas altas esferas xente de peso e decente en vez de "vacunajetas" (como di Joaquín Prat).
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES