Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo: Sobre rótulos

martes, 16 de febrero de 2021
Vaia por diante que cando me altero adoito esbardallar sen moito control. Ás veces teño sorte cos redactores do xornal que axiña cando ven que me saín do rego establecido polas normas cívicas, ou polas normas da maioría (coidadiño que ás minorías, ás veces -certo, en moi contadas ocasións-, temos razón), non publican o relato e aquí paz e despois gloria. O asunto vai da monarquía española. Máis en concreto dese famoso rótulo que seica asomou nas pantallas da primeira canle da Pingas de Orballo: Sobre rótulosTelevisión Española, a que é pública, ou sexa, a que é de todos. E neste todos tamén estamos os que somos minoría.
"Leonor vaise de España, coma o seu avó". Ese era o rótulo. En asunto de rótulos televisivos teño visto algúns que deixan en auga de bacallau á princesa e á monarquía. Por exemplo, eses que poñen a Verín en Pontevedra e a Ourense incluso ó ladiño do mar. Disto, nin a Xunta nin eses entendidos que se rachan as vestiduras por xente que nos quita de comer, poñen o grito no ceo. Antes era "España: unha, grande e libre" (o de libre era un dicir, claro). Agora é: "por Deus, pola patria e polo rei".
Que de especial ten a familia real, a maiores de que viven como reis a nosa conta? Acaso os seus membros son máis que os meus familiares, que os vosos familiares? E non me refiro ó número. O que pasa é que neste país hai moitos lambecús soltos; que prefiren ver vivir a corpo de rei a uns poucos antes que recoñecer que eles mesmos asentan no bulleiro, no lixo da ignorancia.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES