Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Confiar

jueves, 11 de febrero de 2021
Confiar é sempre moi aconsellable; a pesar de que o refrán diga o contrario.
Se desconfiamos sempre… Malamente

CONFIAR É ESPERAR FIRMEMENTE QUE ALGO BO VAI SUCEDER.
Ese algo bo que todos desexamos nestes momentos é controlar ese virus que nos fai a vida moi complicada.

Todos (ou case todos) tomamos todas as precaucións posibles para saír con ben desta.
Ninguén se sente cómodo en tempos de pandemia aínda que haxa quen saque partido económico dela.
Por eso todos confiamos…

TODOS CONFIAMOS EN CONSERVAR O BEN MÁIS PREZADO QUE É: A VIDA.

Todos confiamos en que se recuperará a economía, porque sen economía non hai vida.

TODOS CONFIAMOS QUE UN DÍA VOLVEREMOS Á NORMALIDADE.

Por eso: loitamos con tódalas nosas forzas e pedimos a Deus que nos ilumine:

O COLECTIVO ESTUDIANTIL ESFÓRZANSE POR LABRAR UN FUTURO PORQUE CONFÍA QUE ESE FUTURO CHEGARÁ.
É consciente de que a formación que adquira vai ser unha boa ferramenta para desenvolverse.

E o PROFESORADO estase multiplicando en coordinar o labor pedagóxico, tan IMPRESCINDIBLE para o progreso da humanidade.

O COLECTIVO EMPRESARIAL reinvéntase porque confía que poderá continuar coa súa producción.

O COLECTIVO OBREIRO sofre moito; pero confía nas axudas que poida recibir ata que o empresario poida levantar cabeza…
Empresario e traballador son as dúas caras da moeda da economía.

O COLECTIVO DE FORZAS DE SEGURIDADE manten a calma, expoñendo a súa vida e sendo incomprendido; pero sempre confiando en controlar a situación.

O COLECTIVO SANITARIO está ó borde dun ataque de nervios porque se sente impotente ante a situación; pero confía e traballa ata o límite.

O COLECTIVO DE DOENTES ESTÁ SUFRINDO UN CALVARIO: pero confía poder recuperar a saúde ó prezo que sexa.
Necesita ter os ánimos altos para que as defensas respondan.

A ORGANIZACIÓN MUNDIAL DA SAÚDE está máis preocupada que nunca; pero aínda así confía acadar o seu obxectivo.

OS GOBERNANTES DO MUNDO ENTEIRO arbitran fórmulas e máis fórmulas que, unhas veces acertan e outras non.
En España últimamente non se pode dicir que acerten moito…

O COLECTIVO CIENTÍFICO está traballando a tope para conseguir poñer remedio coas vacinas, porque confía que será un bo remedio aínda que non sexa o único.

É BEN CERTO QUE TODOS QUEREMOS SAÍR DESTE TÚNEL.
OS NEGACIONISTAS, ANTES QUE NINGUÉN.

¿Pero todos respondemos como corresponde?

¿Cómo andamos de responsabilidade, de autorresponsabilidade?

AUTORRESPONSABILIDADE

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES