Desde o 6 de febreiro ata o 27 de marzo ás 20.00 horas no Facebook de Nova Poesía Guitirica (NPG)
Este sábado presentase Poema da Rúa das Aves de Miguel Barrera, obra gañadora do certame poético de Vilalba e editada por Editorial Alvarellos.
Miguel Barrera é un poeta vilalbés residente en Madrid. Membro da Agrupación poética Nova Poesia Guitirica NPG fai a súa primeira presentación pública despois da entrega do premio.
Este sábado á tarde será a segunda presentacións en directo dentro do programa #DoTrinque de novidades literarias, organizado pola Nova Poesia Guitirica NPG e a asociación Os Vilares Lareira de Soños. As presentacións en liña terán lugar todos os sábados de febreiro e marzo polo Facebook da Nova Poesia Guitirica, coa presenza en directo dos autores. Despois do acto en directo poderanse ver os vídeos no Facebook e no YouTube de Os Vilares Lareira de Soños.
Febreiro:
· Sábado 6. Presentouse Lareira de Soños, de Pastora Veres. Edicións Fervenza. Antropoloxía. Interviron a propia autora e Antón Tenreiro, presidente da Asociación Lareira de Soños, dos Vilares. Con máis de 200 seguidores/as en directo e casi 2000 entradas no vídeo desde o sábado.
· Día 13. Poema da Rúa das Aves, de Miguel Barrera. Edicións Alvarellos. Poesía.
Este sábado próximo.

· Día 20. Pangalaica, Xurxo Souto. Galaxia. Narrativa.
· Día 27. A Guerra era contra nós, de Carlos da Aira. Edicións Xerais. Poesía.
Marzo:
· Día 6. Os Rostros do Frío, de Xulio Pardo de Neyra. Edicións Fervenza. Fotografía, historia.
· Día 13. Abril, Luz Darriba. Editorial Belagua. Novela.
· Día 20. Bambán de vento, de Hortensia Bautista e Aurora Quinteiro. Fundación Eomaia. Poesía, ilustración.
· Día 27. Non estamos preparados para medrar, Teresa Ríos. Edicións Urutau. Poesía