Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xosé Ramón Ónega

miércoles, 10 de febrero de 2021
A pandemia da Covid estase a convertir na ladroa máis implacable dos tempos que levamos vivido, que nos vai arrincando a vida de xentes importantes nas nosas vidas, porque na vida son esenciales as relacións con persoas coas que temos anacos de vida que compartir.

Xosé Ramón ÓnegaEste pasado domingo convertiuse nun día nefasto ao saber do pasamento de Xosé Ramón, o maior dos irmáns Ónega, de Mosteiro da Terra Chá, que desde Madrid prestixian aos galegos polo seu ser e facer.

Cunha vida intensa dedicada á política, á administración pública, á abogacía e á historia deste noso país, Xosé Ramón levaba máis dunha década sendo o perfecto embaixador dos galegos en Madrid, o primeiro dos madrigalegos que proclaman e prestixian a Galicia na capital das Españas.

Chegar á Casa de Galicia en Madrid, e ser atendidos por Xosé Ramón, anfitrión perfecto, era entender que estabamos na casa, en familia, en Galicia. Non sei se a Casa fora feita á súa medida, ou el enchía aquelas paredes con tal fervor pola terra e pola xente, que un entendía que mentres vivise este benquerido amigo aquela sería a súa casa, e polo tanto tamen a nosa.

Vai ser difícil entender que xa non está ali como embaixador dos galegos nunha cidade na que os galegos temos tanto que sentir. Pero seguro que a súa pegada quedará impresa na Casa e nas xentes, en todos os que por alí pasamos e puidemos comprobar que o "sentidiño" de Ónega marcou un tempo e un lugar.

Despedimos ao gran señor que un tempo foi compañeiro nestas páxinas e foi amigo de todos os que nalgún momento das nosas vidas tivemos a oportunidade de coñecer un chairego tan especial.

Biografía de Xosé Ramón Ónega.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES