Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Contos da miña lareira (20)

martes, 09 de febrero de 2021
XXXV
Da lareira ao cuartel

Contos da miña lareira (20)Noite do 25 de Setembro do ano 1948: ¡O meu último rosario en familia, cabe da lareira, dirixido por meu pai! Chegáranos un telegrama de Guardia Civil ¡ordenándome! que me presentase ¡de inmediato! na Zona de Reclutamiento de Lugo, para subseguinte incorporación, ¡como voluntario!, ao Batallón de Infantería del Ministerio del Ejército. Daquela, ¡adeus, miña casiña; adeus, meu lar...!

Esta é, foi, a data na que morreu a miña lareira; ¿ou fun eu o morto, aquel rapaciño que se despedía dela, definitivamente?
-.-

Contos son os de agora, pois os de daquela eran máis ben historias, historias cargadas de Historia, de Historia e de Pedagoxía!

Xosé María Gómez Vilabella
-.-

Na presentación do libro "Galicia Encantada", de Antonio Reigosa, a propósito das lareiras, dixen:
23 Febreiro, 2015
A riqueza da cultura da lareira: «Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías», en edición de Antonio Reigosa. Por X. M. Gómez Vilabella.

Contos da miña lareira (20)Reproducimos o texto de Xosé María Gómez Vilabella na presentación do libro Galicia Encantada, o país das mil e unha fantasías, en edición de Antonio Reigosa, ilustrado por Noemí López.
 
SOPRÁNDOLLE AO LUME DO PATRIMONIO ORAL

Traio aquí apuntado que, “Non é necesario ter pasado por selectas escolas nin universidades para saber que, en principio, a literatura foi oral, (maiormente á calor da lareira, engadiría eu), e por iso, máis próxima, máis persoal, que o foi despois de Gutenberg”. Esta idea elemental é de Jeroni Salom. Noutras cousas podo estar en desacordo con este xudeu, alcalde de Binissalem, pero deulle (e doulle), a importancia correcta, con medidas históricas, á literatura oral.

A nosa Galicia en concreto fixo cátedra, case diría que absoluta, das súas lareiras, nas súas lareiras, e iso por unha cuestión castrexa e climática. Non é igual quentarse as mans nun círculo castrexo que nas tendas indias, xudias ou indias, poño por caso. Fose o patriarca, ou o druída, escoitábano todos, todos sen excepción, homes e mulleres, cativos e maiores, así que a súa verba, o seu relato, os seus consellos ou advertencias, prendían asemade en toda a audiencia. Ao baixarnos dos castros, montamos a lareira da Casa Grande de cada lugar, e nela continuaron as tradicións e mais as translacións xeracionais. Nada se perdeu, nada pereceu, porque a Casa Grande substituíu, por séculos, as funcións castrexas, incrementándoas coas sucesivas experiencias e coñecementos. Nas lareiras falábase, pero tamén se rexía; eran as Cortes do lugar xa que nelas, ao seu carón, organizábanse os traballos, as axudas veciñais. Non tiñan campá coma os conventos, nin a precisaban, pois chegaba con que alguén propuxese unha reunión, e alí ían tódolos veciños, de contado.

¿Fantasiábase nas lareiras? A imaxinación, cultivada a veces en defecto doutra potencia, nunca nos faltou en Galicia, que así elaboramos mitos e crenzas iguais, e se me apuran superiores, aos argumentos da mellor literatura universal. En paralelo co imaxinario local tamén houbo, tamén se deu, a crónica dos licenciados, ¡dos licenciados das quintas!, que relataron como xestas heroicas, ultimamente das guerras de Filipinas, de Cuba e de Marrocos, o que no fondo, ¡meus pobres!, acaso non pasara de ser un pánico atroz e xeneralizado.

Hoxe, se nos queda un ápice de agradecemento e de admiración por aqueles avós, non tan vellos, que aínda son de onte, rescatando en todo o posible aquel caudal de ciencia básica, estamos facendo Patria, Patria de maiúsculas, que iso si que é agradecer o noso herdo cultural, como vén de demostralo aquí o amigo Reigosa Carreiras.

Xosé María Gómez Vilabella
-.-
Gómez Vilabella, Xosé M.
Gómez Vilabella, Xosé M.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES