Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Ofrenda 2008!

domingo, 01 de junio de 2008
Falamos de Lugo. Da cidade do Sacramento que acolle, na súa catedral, aos alcaldes das sete capitais do Antigo Reino de Galiza acompañados das autoridades eclesiásticas e civís que acompañan aos oferentes. Este ano son o alcalde e o arcebispo de Santiago de Compostela.

Aplaudimos se manteña viva esta fermosa tradición. Indica responsabilidade e aprecio aos galegos, á súa cultura e historia. Por iso pedimos respecto e coherencia aos oferentes e aos seus acompañantes e participantes en xeral. Tamén aos lucenses. ¡É un acto de culto público!

Noutrora, ofrecían aceite para alumear, día e noite, ao Santísimo. Agora hai outros medios. Cómpre actualizar e dignificar a Ofrenda para que non cheire a hipocrisía. O camiño está no Evanxeo. Para Xesús, “os primeiros” son os pobres. Por enriba do culto.“O que fagades a un destes...a Min mo facedes.” Xesús colocase no seu lugar. Velaí: “Estaba espido, sedento, famento... e viñestes a vestirme, a darme de comer, de beber...” ¡Iso é o que hai que facer!.

Na nosa Galiza abondan os pobres. Máis de 8.000 familias por debaixo dos lindes da pobreza. Abondan problemas coas vivendas dos xitanos, coa acollida dos inmigrantes, coas listas de espera nos hospitais, coa falla de traballo, coa marxinación das mulleres, coa lei/trampa da dependencia, cos mariñeiros e labregos nas rúas... ¡Realidades inhumanas e tráxicas, mentres gobernantes, políticos e mesmo a Igrexa, todos enleados nos seus propios intereses e/ou parapetos!.

A cúpula da xerarquía civil e eclesiástica galegas está en Lugo. Algúns van falar. Por fsavor, non lle pasen o problema ao Señor. A obriga é de todos. Sobre todo, dos gobernantes e dos pastores.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES