Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Adiantamentos

miércoles, 03 de febrero de 2021
Vendo a fruición con que as televisions difunden imaxes de vacinación e probas do Covid, cabe supoñer que o feito é premeditado para mentalizarnos, pero ver que introducen no naris un bastonciño que penetra sen fin e contemplar pinchazos como estocadas non é para provocar riadas de persoas cara aos centros de saúde. Porque resulta peor contemplar que experimentar en carne propia, xa que os pinchazos case non se notan mentras que a contemplación impacta.

Nas vacinacións contra a gripe, nestes tempos batíronse records, quizais porque o mal maior anima a combatir tamén unha plaga anual relativamente benigna. O mesmo podería pasar se a vacunación contra a pandemia estivera aberta ao publico, xa que só unha minoría inapreciable rexeita ou dubida deste procedemento.

Iso despréndese das denuncias a cargos públicos que, alegando razóns difíciles de aceptar, reciben a agardada vacina, ata agora reservada para persoas en risco especial.

Entre os pillados nas vacinas por excexo de velocidade hai conselleiros, alcaldes, o máis alto militar e un bispo…o que non quere dicir que eles xestionasen a vacina, que pode ser, senón que quizais houbo quen quixo facer méritos, coa disculpa de que non se escatimaba a ninguén a súa dose por aproveitar mellor os sobrantes sempre que se utilicen determinadas xeringas.

Nun incerto futuro, quizais saibamos cantas imprevisións, ignorancias ou mentiras se nos ocultaron, porque saber de repente que se aproveitan mellor as doses para vacinar a outra xente, ven ser como se o noso coche consume pouco, e por iso podemos permitirnos acelerar a 200 km. por hora.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES