Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Memoria e ostracismo para o nepotismo

miércoles, 03 de febrero de 2021
Na antiga Grecia o ostracismo era unha medida preventiva contra aquelas persoas que, potencialmente, poderían ameazar á polis. O ostracismo era votado dúas veces e, en caso de ser aplicado, supoñía 10 anos de exilio. Hai que dicir que este castigo era imposto en caso de mera sospeita o que é tan inxusto como antidemocrático. Polo tanto é incompatible con calquera ordenamento xurídico do noso tempo, que debe ter a presunción de inocencia como eixo fundamental.

A semana pasada vimos unha recua de polític@s e autoridades de distintas institucións que se vacinaron sen que lles tocara. Incluso vimos reivindicar o noxento acto como exemplaridade. Non, non é exemplaridade, é abuso de poder e nepotismo e a única forma de acabar co nepotismo é pecharlle as portas da vida pública.

Xa que tiveron os bemois de poñer a primeira dose que leven a segunda. Agora ben, que quede memoria da súa conduta incívica, que carguen co sambenito que se buscaron e que xamais teñan acceso á xestión do público. A maiores quizais deberían pagar unha multa que perxudique o seu poder adquisitivo e que resarza aquelo roubado en especies á sociedade. Outra alternativa é obrigarlles a visualizar de todas as maneiras posibles o mal feito, por exemplo, coa obriga de facer traballos á comunidade en residencias e hospitais. En todo caso, creo que esta mancha persoal debe ser difícil de borrar e esquecer. Se queren intentalo, teñen que facer moitos sacrificios persoais.

O mellor xeito de loitar contra o nepotismo é o escarnio público prolongado no tempo, evitando tropezar dúas veces na mesma pedra: a pedra angular na que se erguen e medran os caciques de folla perenne.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES